Galicia, a comunidade onde máis cae o investimento estatal para o 2019

O proxecto presentado pola ministra de Facenda revela unha baixada do 19% respecto dos Orzamentos Xerais do 2018

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2019 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Galicia é a comunidade con maior caída no investimento do Estado. Segundo o proxecto presentado este luns pola ministra de Facenda, María Jesús Montero, o orzamento destinado á nosa autonomía sitúase nos 757,1 millóns de euros en 2019, o que supón unha caída do 19% respecto dos 936,8 millóns de euros do 2018.

María Jesús Montero, Ana Pastor e Francisco da Torre, cos PGE 2019
María Jesús Montero, Ana Pastor e Francisco da Torre, cos PGE 2019 | Fonte: Europa Press

Deste xeito, Galicia perde tres puntos de investimento, seguida polos dous puntos que baixa Madrid. En cambio, as máis favorecidas son Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana, con cadanseu crecementoo de 3,5 puntos, 3 e 2,5 puntos con respecto a 2018.

A comunidade galega cae así ao sexto posto entre autonomías en canto a dotación destinada nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2019, cun 6,2% do total, fronte ao 9,2% que cultivaba nos de 2018. Ocupaba o quinto posto entre autonomías nos de 2018 e chegou a ter o terceiro lugar nos de 2016.

Estes 757 millóns son o menor investimento en Galicia en 17 anos -coincide co tramo final das obras de chegada da alta velocidade á Comunidade-, xa que desde 2002 non había unha cantidade tan baixa. Deste xeito, é unha das máis reducidas no que vai de século XXI.

Entre 2004 e 2016 o investimento do Estado na Comunidade galega sempre superara os 1.000 millóns, cifra que non se alcanzou en 2017 (924,6 millóns) nin en 2018 (936,8 millóns) nin agora en 2019.

BAIXADA AO SEXTO LUGAR

Andalucía é a comunidade que máis recibe, con 2.132,8 millóns (+43,4%), mentres que a que máis crece é Cataluña, por encima do 50% ata 2.051 millóns, nun contexto de subida media entre comunidades próximo ao 14%.

O terceiro lugar en investimento ocúpao Madrid (1.249,25 millóns e 10,3% do total); seguida pola Comunidade Valenciana (1.189,9 millóns e o 9,8% do total) e Castela e León (1.094,05 millóns e 9% do total). Un chanzo máis abaixo, no sexto posto, están os 757 millóns de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 unmais

Que van facer os diputados da marea, defender os intereses do pais e votar en contra, ou segguir as ordes dos xefes de Madrid?

1 Vendidos

Venderse