Partidas que crecen e que diminúen nos orzamentos xerais do Estado para Galicia

Galicia recibirá 42 millóns do Fondo de Compensación Interterritorial en 2019, un 1,1% menos, pero incrementará un 3,7% as do Fondo de Suficiencia Global, ata os 606,14 millóns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2019 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Galicia recibirá en 2019 un total de 606,14 millóns de euros con cargo ao Fondo de Suficiencia Global, o que supón un aumento do 3,7% respecto de 2018, segundo recolle o proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) presentado este luns no Congreso dos Deputados pola ministra de Facenda, María Jesús Montero.

A Viñeta de López - Prórroga de orzamentos de Rajoy
A Viñeta de López - Prórroga de orzamentos de Rajoy

A cantidade que recibirá a comunidade supón o 14,9 por cento do total de 4.064,89 millóns de euros repartidos, seis décimas máis que en 2018. O fondo ten para este ano un 1,7 por cento máis que para 2018, cando se consignaron 3.995,69 millóns. Por iso, o aumento en Galicia é de máis do dobre, segundo o goberno central.

Ademaisrecibirá 42,06 millóns de euros a través do Fondo de Compensación Interterritorial en 2019, un 1,1 por cento menos que o pasado ano. Así, Galicia recibirá preto de medio millón menos respecto dos 42,51 millóns de euros de 2018, a través dun fondo que ten orzado para 2019 un total de 432,2 millóns de euros, a mesma cantidade que en 2018.

Os Fondos de Compensación Interterritorial (FCI) teñen como obxectivo corrixir desequilibrios económicos interterritoriais e facer efectivo o principio de solidariedade, e no Orzamento Xeral do Estado para este ano beneficiaranse Galicia, Andalucía, Asturias, Cantabria, Rexión de Murcia, Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Canarias, Estremadura, Castela e León e as cidades de Ceuta e Melilla, que son as que, segundo os últimos datos do INE presentan unha renda por habitante inferior á media.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta