Alfonso Rueda afirma que o PP aínda non ten candidato para a Deputación de Pontevedra

O líder dos populares pontevedreses non quixo falar sobre o seu futuro inmediato en política.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2019 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O presidente provincial do Partido Popular e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que o seu partido "non ten a día de hoxe" designada á persoa que encabezará a candidatura á Deputación de Pontevedra, actualmente gobernada polo PSOE e BNG.

Alfonso Rueda nunha reunión na sede da Xunta en Vigo. EUROPA PRESS - Archivo
Alfonso Rueda nunha reunión na sede da Xunta en Vigo. EUROPA PRESS - Archivo

"Non temos candidato a día de hoxe", admitiu Rueda que confirma que "si, o obxectivo é recuperar a Deputación". "Vou intentar que todos os compañeiros teñan un bo resultado e despois xa veremos", afirmou. Neste sentido, valorou o "magnífico traballo" realizado polo PP nos partidos xudiciais de Pontevedra, Vigo e o Baixo Miño.

A pesar da insistencia dos xornalistas Rueda non quixo desvelar o seu futuro apuntando que "a Xunta ocupa moito traballo e a presidencia do partido tamén", aínda que tampouco descartou a posibilidade de ser el quen aspire a ocupar a presidencia da administración provincial. "Vou seguir sendo vicepresidente da Xunta mentres teña a confianza de Feijóo", dixo antes de engadir que está a disposición de que o decida o partido.

Alfonso Rueda participou este luns nun almorzo informativo acompañado por Rafa Domínguez, cabeza de lista dos populares á Alcaldía de Pontevedra. O número dous do Goberno galego mostrouse optimista coas posibilidades do PP na cidade do Lérez onde cre que "o salto pode ser importante" e que o seu partido crecerá "o suficiente para poder gobernar".

Neste marco explicou que só faltan por designar aos alcaldables en "tres ou catro" municipios desta provincia polo que anunciou que o PP pontevedrés presentará en febreiro a todos os seus candidatos ás eleccións municipais. O vicepresidente da Xunta tamén avanzou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este martes o proxecto sectorial do Hospital Montecelo, mantendo o compromiso de que a obra do coñecido como Gran Montecelo se licitará e adxudicará este 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta