Laura Regueiro: “A xente que fai dietas vexetarianas ou veganas moitas veces non está informada”

A doutora Regueiro traballa como endocrina no CHUAC. Logo da reportaxe da semana pasada sobre dietas sen carne ou con pouca proteína animal, preguntámoslle a esta experta se son certos parte dos datos que se incluíron na anterior reportaxe e cales son os déficits alimentarios da xente máis nova. Mais esta especialista insiste en que se debera ter coidado coas graxas trans, aceites industriais e levar unha dieta o menos afectada por estes alimentos.

Por Moncho Mariño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

-Está de acordo con que as dietas vexetarianas e veganas, contando con todos os nutrientes, son mesmo boas para a saúde?
Si, estou de acordo. Antes pensábase que non eran dietas completas, que lle faltaban elementos, pero hoxe sábese que é unha dieta saudable completamente. Pero o caso é seguir unhas pautas, porque moitas veces as persoas que seguen estas dietas non están ben informadas. Ese é o problema moitas veces, que a xente fai dietas deste tipo sen estaren ben informadas e poden padecer déficits de B12.

Pementos, berenjenas, verdura, hortalizas, supermercado, consumo, IPC
Pementos, berenjenas, verdura, hortalizas, supermercado, consumo, IPC

-Esa era outra cuestión, segundo consultamos en Galicia Confidencial, é un mito que estas dietas deriven en deficiencia de Ferro e anemias, pero o que si sería certo é a falta de B12. Está de acordo con esta afirmación?
Si, iso é certo. O Ferro pode estar en alimentos de orixe vexetal, non así a B12 que habería que suplementala. Isto pódese facer mediante comprimidos ou inxectables, hainos que son mensuais ou diarios, dependendo de como estean os depósitos da vitamina no corpo desa persoa.

-Hai persoas que seguen dietas vexetarianas para perder peso. Isto é recomendable?
Pódese seguir unha dieta vexetariana para perder peso como se pode seguir unha dieta non vexetariana. Non hai maior perda de peso cunha dieta ou outra. O que ocorre é que moitas persoas se apoian na idea que comendo só vexetais é algo san, pero todo depende da calidade dos alimentos que inxerimos nesas dietas. Daquela deberíase escoller ben dentro dunha dieta. Por exemplo, os snacks, as galletas etc., poden entrar nunha dieta vexetariana pero non é san. Todo depende da planificación que se faga da dieta.

-Unha persoa vegana ten máis probabilidades que unha vexetariana de sufrir déficits?
Alguén vegano estricto non tería problemas máis que nada porque estas persoas son xa coñecedoras dos déficits da súa dieta, por tanto son conscientes de que deben suplementar a súa comida con vitaminas. O  maior risco está nas persoas vexetarianas ovolácteas, porque cren que co consumo de ovos e lácteos non é preciso consumir B12. Dentro da vexetariana hai máis risco.

-Un deportista podería ser vegano ou vexetariano?
Si que pode. Hai nutricionistas que atenden deportistas veganos por exemplo, podendo facer unha dieta con proteínas vexetais, legumes ou sementes.

-Que alimentos non recomendaría para unha dieta como as que estamos falando?
Eu o que non recomendaría sería tomar a alga espirulina, pois hai xente que a toma pensando que ten B12. Non obstante o que ten é un análogo á vitamina, cousa que pode ocasionar un falso en análises de sangue indicando que si tes B12 pero realmente sofres un déficit. Non a recomendaría por ser un análogo non activo.

-Nalgúns comedores escolares estanse levando adiante iniciativas para paliar o sobrepeso nos máis novos. Vostede ten observado algunha deficiencia nas dietas dos comedores escolares?
Faltan moitos vexetais, froitas nos postres que moitas veces son lácteos. É dicir, esquecemos moitas veces o grupo vexetal dos alimentos, tanto verdura como froita. Tamén estás as técnicas de fritiduras e demais, que entran moito nas dietas pero que é unha parte que se podería mellorar.

-Cales son os grandes adictivos que engaden aos alimentos hoxe en día?
O azucre e o sal. Fan que comamos moito máis, pois un alimento que non está sazonado ou non ten azúcares permiten saciarnos mellor. Mais cando se aditiban o sentido de saciedade non funciona ben e de aí pasamos a comer máis cantidades. Cos edulcorantes tamén poden ter un efecto semellante. O azucre crea moita adicción. Sábese de casos de persoas que abandonarono repentinamente o consumo de zucre e padeceron mesmo dores de cabeza pola súa falta.

-A dieta tradicional galega sería unha dieta sá?
A dieta tradicional ten o problema que hoxe en día ten moitos procesados, máis fruta e algo máis de vexetais, xunto con frutos secos, pois podería dicirse que si é unha dieta sá. O consumo de froita de tempada axudaría moito tamén. Mais a dieta tradicional en si, penso que xa se perdeu.

-Unha persoa de entre 18 e 25 anos que consuma grandes cantidades de comida procesada incluíndo as lambetadas, debe estar preocupada?
Debe estar preocupada desde o primeiro momento, porque o estilo de comida actual pode que agora non nos cause problemas, pero estase acumulando o risco ata que un día aparece unha doenza. Mentres non vemos os danos non nos importa tanto, pero estamos acumulando o risco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta