O ano 2018 pechou con prezos máis altos en Galicia

A inflacción foi do 1% en Galicia tras un descenso na parte final do ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2019 | Actualizada ás 10:18

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) pechou 2018 en Galicia cunha subida do 1% respecto ao ano anterior, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Evolución do IPC en Galicia a peche de 2018. EPDATA
Evolución do IPC en Galicia a peche de 2018. EPDATA | Fonte: Europa Press

Deste xeito, os prezos moderáronse na parte final do ano, xa que baixaron 0,7 puntos en decembro en Galicia respecto ao mes de novembro. Con todo, o 2018 termina así cun aumento do IPC en Galicia (+1%) lixeiramente inferior ao da media española (+1,2%), nun incremento xeneralizado nas comunidades.

Estatística atribuíu a caída da taxa interanual do IPC de decembro ao descenso dos prezos dos carburantes, do gasóleo para calefacción e dos servizos de aloxamento. 

En evolución entre o peche de 2018 e de 2017, o maior aumento de prezos en Galicia prodúcese en vivenda (2,4%), comunicacións (2,2%) e hoteis, cafés e restaurantes (+2%). Soben bebidas alcohólicas e tabaco (+1,6%), alimentos (+1,4%) e medicamentos (1,1%),entre outros. Tan só baixan o lecer e cultura (-0,6%) e os transportes (-0,4%).

Na comparativa de decembro con novembro, hai unha baixada xeneralizada que lidera o transporte (-2,9%), seguido de vestido e calzado (-2,5%). No outro extremo, hai un incremento de lecer e cultura (+1,2%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta