O movemento solidario con Palestina, BDS-Galiza, condena a querela contra activistas valencianos e cataláns

Oito activistas valenciáns e cataláns declararon como investigados por incitación ao odio, ameazas e coaccións por querer frear a actuación do artista israelí Matisyahu no Festival Rototom en 2015.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2019 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

“Os BDS (Boicot, Desinvestimento e Sancións a Israel) internacionais pediron que Mastiyahu non actuase no festival Rototom, alguén que fai declaracións a favor do exército israelí e as súas accións” di Sela González Ataíde, do BDS-Galiza. “A organización do festival, por presións dos BDS internacionais ademais de varios artistas, cancelaran a actuación, pero pasados uns días a presión tanto do lobby como de grupos próximos ao sionismo, fixeron que volvesen chamar a Mastiyahu”. “Coa toma de declaración comeza todo o proceso xudicial e ata que non haxa unha sentenza en firme, non entrarían na cadea, de non ser que vexan risco de fuga” afirma González Ataíde.

BDS-GALIZA
BDS-GALIZA | Fonte: BDS GALIZA

As oito persoas do BDS-País Valenciá declararon como investigadas no xulgado de Instrucción en  número 19 de València por supostos actos de ameazas, coaccións e incitar o odio. A querela foi presentada polo avogado  Abel Isaac de Bedoya Piquer, presidente do Comité Legal contra o Antisemitismo e a Discriminación. Os delictos poderían supoñer mesmo catro anos de cadea.

“Desde Galicia estamos expectantes para saber que acontecerá” di González Ataíde. “A campaña dos BDS está cada vez máis extendida e cada vez hai máis declaracións públicas, como a do concello de València, onde se presentaron diversas mocións e se declarou cidade libre do apartheid”, di Ataíde.

O movemento BDS-Galiza “está collendo forza pouco a pouco coas diferentes campañas imos collendo apoios de artistas, concellos, activistas, movementos sociais e tamén partidos políticos” di González Ataíde. BDS-Galiza naceu en 2010 definíndose como “Un movemento global que se converteu no eixo reivindicativo da solidariedade con Palestina”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta