Os outros incendiarios

Agora que estamos no tempo dos incendios forestais, e que Xunta decidiu facer unha política totalmente opaca sobre os lumes que hai no pais, cuestión que ate pode dar un bo resultado, outros incendiarios compañeiros dos que gobernan en san Caetano, póñenlle lume ás mensaxes que se lle mandan aos cidadáns con único obxectivo de desacreditar o país para que, cando eles cheguen ao poder, cuestión que se verá o 20 N, poder xustificar todo tipo de recortes e reformas antisoiciais. Reformas que caerán de seguro sobre os menos favorecidos e se non, ao tempo.

Por Manuel H. Iglesias | Santiago | 04/08/2011

Comparte esta noticia

Estou a referirme ás declaracións do Sr. González Pons. Dixo este incendiario social que España estaba en bancarrota e que cando eles gobernaban nada se pagaba pola prima de risco. E fixo tal afirmación cando esa prima de risco anda preto dos catrocentos puntos, e en países que foron recatados andaba en 500 e pico. Polo que,  estas declaracións, están aumentando a incertidume e desconfianza, e están axudando a que a nós, a España,  tamén a teñan que intervir para ir configurando a esa Europa de dúas velocidades.

Da a sensación que no Partido Popular existen dúas caras externas, unha máis amable, esta é  a de Rajoy  que pretende cun discurso conciliador dicirnos que é un home de Estado e de centro reformista;  e logo a cara dos incendiarios que  como Pons, Cospedal e outros andan a facerlle   o traballo sucio ao lider para que este chegue á Moncloa o máis inmaculado posible. Ou sexa, alisándolle o terreo  para que camiñemos cara unha situación sumamente crítica, e logo vir eles de salvapatrias a arranxar o desaguisado que coas súa declaracións axudaron a facer.  Está claro que os que máis falan de España son, por dicilo claramente, os menos patriotas; son, os mais interesados en chegar ao poder como sexa e, para tal cometido, vale todo.

Os incendios forestais arrasan Galiza, estragan a nosa paisaxe e vannos empobrecendo como pais. Pero, a política do silencio, impera e soamente coñecemos  os incendios que acontecen no noso arredor, ao igual que as  protestas dos que apagan o monte con risco para a súa vida. Con todo que iso é moi grave, hai outros incendiarios sociais que actúan de palmeiros dos especuladores e dos chamados mercados; actúan  para meterlle o medo no corpo a moitos cidadáns con tal de inclinar o sentido do voto e axudar a que chegue ao poder o seu partido. Cada día que pada, percibo que a política da dereita carece de ética e actúa dunha maneira moi  maquiavélica. Actúa dunha maneira ruín con tal de chegar á poltrona. E, o mais triste. é que  eses gobernantes son os que  seica nos veñen a salvar desta  crise sistémica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com