Temas: PGE PONTEVEDRA

O goberno local de Pontevedra asegura que os Orzamentos Xerais son os da "paralización e o atraso"

As contas do goberno de Pedro Sánchez contemplan case 38 millóns de euros para Pontevedra e a súa comarca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2019 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

A tenente de alcalde do Concello de Pontevedra, Carme da Silva, asegurou que o borrador de investimentos presentado polo Goberno do Estado "son os orzamentos da paralización e do atraso".

Carme da Silva
Carme da Silva | Fonte: pontevedraviva.com

Da Silva valorou este martes, en nome do goberno local, o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019 reprochando o estancamento de "proxectos longamente demandados pola sociedade pontevedresa".

As contas do goberno de Pedro Sánchez contemplan case 38 millóns de euros para Pontevedra e a súa comarca, aínda que o groso desta cantidade destínase ao tramo en obras da autovía A-57 entre Vilaboa e A Ermida.

Segundo destacou a tenente de alcalde, desaparecen as partidas para os seguintes tramos da autovía A-57 (A Ermida- Pilarteiros e Curro), tan só hai unha partida de 100.000 euros no Ministerio de Fomento "que é como non aparecer, non dá nin para redactar o proxecto", sinalou Carme dá Silva.

A tenente de alcalde tamén chamou a atención no feito de que se pospón un ano o final das obras do único tramo en execución, xa que o investimento dos 25 millóns previstos chegan agora ata o ano 2021 onde están consignados cinco millóns.

Por outra banda, "desaparece", dixo, dos orzamentos a reforma do enlace de Bombeiros coa AP-9. O proxecto xa foi aprobado hai tres anos polo Ministerio e consistía en reordenar por completo o sistema de entradas e saídas da autoestrada ao Norte da cidade, ampliando a catro carriis a avenida de Domingo Fontán e habilitando unha senda peonil.

Por outra banda, o Ministerio para a Transición Ecolóxica mantén unha partida de dous millóns de euros para o paseo peonil ao longo da autovía de Marín entre Mollabao e o Porto que chegou a exporse ao público en xaneiro de 2017 aínda que a subdelegada do Gobienro en Pontevedra, Maica Larriba, recoñeceu que este proxecto, ao que se opón o PSOE local, está atascado.

Temas: PGE PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta