O alcalde da Coruña considera "malísimos" os Orzamentos do Estado para a cidade

Cualifica de "tomadura de pelo" os 100.000 euros destinados á ampliación da Avenida de Afonso Molina.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/01/2019 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, tachou de "malísimos presupostos" as partidas previstas este ano polo Goberno para a cidade. Dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) presentados, dixo que son "unha mala noticia" para Galicia e para a cidade.

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña. Europa Press
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña. Europa Press

En particular, cualificou de "tomadura de pelo" os 100.000 euros destinados á ampliación da Avenida de Afonso Molina, mentres que criticou as partidas para o aeroporto de Alvedro ou a ría do Burgo.

"Están moi lonxe de cumprir as expectativas", sinalou o rexedor, para quen se trata dunhas contas que deixan a Galicia e A Coruña "esperando por uns investimentos necesarios".

O alcalde congratulouse polo feito de que en relación á débeda do porto de Valencia se dea "unha solución rápida", pero lamentou que no caso da Coruña non se vexa unha "intención de moverse".

RESPOSTA DO DELEGADO

Sobre as críticas do rexedor, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada manifestou que se orzou "o que se vai a gastar". "Verá que son orzamentos executables".

Respecto da conexión ferroviaria a Langosteira, dixo que "é difícil dicir que se vai a executar algo que non é nada", engadiu argumentando que o PP non levara a cabo actuacións a este respecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta