Abanca abre o prazo para presentar candidaturas aos 'Premios Educa. Mellor docente do ano'

Busca recoñecer aos profesores que destacan pola súa boa práctica e dedicación á profesión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2019 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Abanca e a súa plataforma educativa 'Educa' abriron o prazo de presentación de candidaturas á terceira edición dos 'Premios Educa Abanca. Mellor docente do ano', que busca recoñecer aos profesores que destacan pola súa boa práctica e dedicación á profesión.

Un neno e unha profesora nunha escola en Vigo
Un neno e unha profesora nunha escola en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

O certame establece un total de cinco candidaturas segundo os niveis educativos: Educación Infantil, Primaria, Secundaria/Bacharelato, Formación Profesional e Universidade. Os mellores docentes, un por categoría, recibirán un trofeo, un diploma acreditativo e un premio de 1.000 euros en metálico.

Calquera alumno pode presentar ata o 30 de xuño un ou varios profesores ao concurso a través do formulario dispoñible na páxina www.mundoeduca.org. No caso de Infantil e Primaria, deben ser as familias as que realicen as propostas.

A iniciativa está aberta a todos os profesores de centros públicos, concertados e privados con ensino regulado que estean en activo no curso 2018/2019, así como aos que traballen en Educación Especial, centros penais e hospitais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta