Outro lume afecta ao parque natural do Xurés en pleno inverno

Quedou extinguido tras queimar unha hectárea de superficie. No que vai de ano arderon máis de 600 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2019 | Actualizada ás 09:36

Comparte esta noticia

O incendio forestal declarado na tarde deste martes no termo municipal de Entrimo (Ourense), que afectou ao parque natural do Xurés, quedou extinguido tras queimar unha hectárea de superficie.

Incendio forestal no Parque Natural do Xurés
Incendio forestal no Parque Natural do Xurés | Fonte: Emerxencias Ourense @EmerxenciasOu

Así o informou este mércores a Consellería do Medio Rural, que concretou que o lume comezou ás 18,30 horas deste martes na parroquia de Venceáns e quedou extinguido ás 22,10 horas da mesma xornada.

Segundo as últimas estimacións apuntadas polo departamento de Medio Rural, este lume, que afectou o parque natural do Xurés, queimou unha hectárea de superficie arboredo. Nos traballos de extinción deste incendio forestal han participado dous axentes e tres brigadas, concretou Medio Rural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta