Verín, o termómetro do frío en Galicia

A localidade ourensá volveu a rexistrar a temperatura mínima de Galicia. Unha temperatura mínima que subiu case 8º na última semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2019 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

A localidade ourensá de Verín volveu a rexistrar a temperatura mínima de Galicia na mañá deste mércores, na xornada na que na provincia de Ourense mantense o aviso por frío. Con todo, os termómetros non superaron os -3º, cando hai uns días case que rozaron os -10º. 

Fonte da Praza da Merced de Verín conxelada polo frío
Fonte da Praza da Merced de Verín conxelada polo frío | Fonte: BNG.

Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 9,30 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, en localidades con altitude menor de 900 metros, ademais de Verín, houbo valores mínimos significativos en Sarria (Lugo), con -2,5ºC, así como nos concellos ourensáns de Vilardevós (-2,3ºC), Baltar (-2,1ºC) e Vilamartín de Valdeorras (-2ºC).

Pola súa banda, en localidades con altitude maior de 900 metros, a mínima correspondeu a Carballeda de Valdeorras, con -2,6ºC rexistrados ás 8,20 horas deste mércores. Tamén en zonas altas foron localidades ourensás as que que tiveron as mínimas máis significativas, como en Manzaneda (-2,2ºC), Vilariño de Conso (-1,5ºC) e A Veiga e A Mezquita, con -0,8ºC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta