Lua e Infores, os drons galegos para loitar contra o lume

O polo aeroespacial de Rozas avanza en vehículos e sistemas de loita contra o lume.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O polo aeroespacial de Rozas, en Castro de Rei (Lugo), avanza no deseño de solucións innovadoras como vehículos e sistemas de loita contra o lume.

Polo aeroespacial de Rozas. BABCOCK
Polo aeroespacial de Rozas. BABCOCK | Fonte: Europa Press

Este mércores, os conselleiros de Economía e Medio Rural, Francisco Conde e José González, acudiron a este aeródromo para asistir a unha demostración do vehículo aéreo non tripulado chamado Lua e do sistema de loita contra o lume Einforex, impulsados por Babcock.

O helicóptero non tripulado Lua é o único sistema capaz de capturar e procesar en tempo real información dixital de vídeos e imaxes tanto no espectro visible como infravermello.

Respecto diso, o conselleiro de Medio Rural destaca a importancia da incorporación das novas tecnoloxías á loita contra os incendios forestais, especialmente no tocante aos medios aéreos. A Xunta subliña que este polo aeroespacial leva mobilizados 50 millóns de euros dos 165 previstos. En 2019 contará cun investimento de 18,1 millóns para seguir co avance de iniciativas como o parque industrial, a aceleradora aeronáutica ou a nova aula formativa de Rozas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta