Médicos de familia da área da Coruña recollerán sinaturas e mobilizaranse para reclamar melloras

Tamén decidiron coordinarse con médicos doutras áreas sanitarias de Galicia para promover mobilizacións conxuntas.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/01/2019 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Uns cen médicos de familia da área sanitaria da Coruña acordaron recoller firmas e convocar mobilizacións para reclamar melloras, segundo informan tras unha reunión celebrada este mércores no Colexio de Médicos desta cidade. Sobre este encontro, aseguran que o obxectivo foi "pór en común a situación asistencial dos centros de saúde desta área e propor solucións que a melloren".

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) | Fonte: Nemigo en Wikipedia.

Na reunión, con presenza de médicos de centros de saúde, de Puntos de Atención Continuada e eventuais, acordouse realizar unha recollida de firmas "en apoio a unha serie de reivindicacións para envialo logo á Consellería de Sanidade".

Tamén se decidiu coordinarse con médicos doutras áreas sanitarias de Galicia para promover "mobilizacións conxuntas", ademais de fixar unha nova reunión para o 24 de xaneiro para solicitar as firmas recolleitas "e acordar mobilizacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta