O Parlamento reclama á Xunta que licite en Ourense un centro de atención a persoas con diversidade funcional

Reclama tamén que o Goberno galego se comprometa en firme para que o centro estea preparado para o 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2019 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia instou por unanimidade á Xunta de Galicia a que poña en marcha medidas para licitar e pór en marcha un centro de atención para persoas con diversidade funcional maiores de 21 anos en Ourense. A proposición non de lei, presentada polo Grupo Socialista, foi debatida este mércores na Comisión de Sanidade e aprobada co voto a favor de todos os grupos.

Pleno Parlamento de Galicia
Pleno Parlamento de Galicia

En concreto, a iniciativa pide á Xunta que licite a obra do centro de atención para persoas con diversidade funcional de Ourense destinado a maiores de 21 anos antes de maio deste ano, así como que estean listos os pregos que rexerán o procedemento de adxudicación e o seu equipamento.

Do mesmo xeito, reclama ao Goberno galego que se comprometa "firmemente" para que o centro estea "a pleno rendemento" no ano 2020. Finalmente, insta a adoptar "de xeito urxente todas as medidas precisas" para liquidar, mentres este centro non estea listo, "a falta de prazas públicas para persoas con discapacidade en Ourense".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta