Un helicóptero e cans da Garda Civil participan na busca do desaparecido en Muros (A Coruña)

O home permanece en paradoiro descoñecido dende o pasado martes, día no que se atopou o seu calzado preto dun río.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2019 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Un helicóptero e mais varias patrullas e cans da Garda Civil sumáronse este xoves ao operativo de busca dun sesaxenario veciño da parroquia de Esteiro, no municipio coruñés de Muros. O home permanece desaparecido desde a tarde do martes, cando se atoparon as súas zapatillas nas inmediacións dun río, segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado.

Axente da Garda Civil. GUARDIA CIVIL
Axente da Garda Civil. GUARDIA CIVIL

Así, este xoves, á parte de efectivos do Instituto Armado, tamén proseguen a busca efectivos de Protección Civil, Policía Local, GES e veciños da zona.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Protección Civil de Muros, este xoves dividíronse en zonas de busca para "peitear" a contorna do domicilio do home, así como a área onde apareceron as zapatillas, o último lugar no que foi visto e a zona á que a familia dixo que se puido dirixir.

Foi a familia do home desaparecido a que avisou da falta deste veciño, de 68 anos de idade, que se puido desorientar, sinalaron as mesmas fontes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta