Javier Losada reclama á Xunta que esixa a Naturgy "investir" despois de anunciar o peche de Meirama

O delegado do Goberno puxo de exemplo como o Executivo central traballou para que os postos de traballo de Alcona se manteñan.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2019 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, pediu este xoves á Xunta de Galicia que se poña as pilas" e esixa a Naturgy "investir" e realizar un "plan de mantemento" para evitar que a central térmica de Meirama, na Coruña, peche en 2020, como anunciou Naturgy este mércores.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na roda en Ourense. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na roda en Ourense. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

"O Goberno autonómico ten que porse as pilas, pedir explicacións, tomar unhas decisións de política industrial e esixirlle á empresa que invista para adecuarse á normativa europea de emisións e pór toda a súa forza política no asador, que gobernar é iso, asumir as súas competencias", destacou Losada.

Nunha rolda de prensa ofrecida en Ourense para explicar o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, puxo como exemplo de actuación a do Goberno central co conflito de Alcoa, no que o Executivo "traballou intensamente para que os postos de traballo e a actividade industrial se manteñan e se busquen investidores para manter a actividade".

"O Goberno central ten competencias desde o punto de vista de regulamentación, pero as competencias industriais son da Xunta de Galicia, que ten que facerse responsable das súas decisións", aclarou

180 POSTOS DE TRABALLO

A medida do peche da central térmica de Meirama, na Coruña, afectará a uns 180 postos de traballo, 77 de persoal e un centenar de auxiliares, segundo confirmaron fontes da empresa a Europa Press. Para os primeiros, compromete 40 recolocacións e 37 saídas pactadas.

A compañía prometeu fai máis de tres anos, en 2015, un investimento de case 100 millóns de euros para adaptar a factoría, pero esa contía nunca se chegou a executar, polo que tampouco se desenvolveron as actuacións de renovación tecnolóxica.

Agora, rexistrou a solicitude de peche da planta de carbón de Meirama no Ministerio para a Transición Ecolóxica, previa comunicación ao Goberno galego, segundo informa a través dunha nota de prensa. A firma asegura deseñar "un plan de adecuación" para os 77 traballadores de Meirama, que "contempla a recolocación dunha gran parte deles e saídas pactadas para o resto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta