Feijóo: “Existe un país desde hai 500 anos que se chama Nación Española”

O líder do PPdeG di que o seu partido é o único que pode facer fronte a unha coalición de PSOE, independentistas e Podemos e evita criticar a Vox.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/01/2019 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O líder do PPdeG ten claro que hai que reforzar o discurso patriótico ou “españolista” para facer fronte aos partidos da esquerda, pero tamén para reforzar os seus sinais de identidade e evitar a fuga de electorado cara á formación de ultradereita Vox.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, tras o Consello. ANA VARELA
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, tras o Consello. ANA VARELA | Fonte: XUNTA

Por iso, Alberto Núñez Feijóo ten claro que na Convención que o PP celebra este venres en Madrid hai que volver falar de España e suliñar que “existe un país desde hai 500 anos que se chama Nación Española”.  Unha reafirmación da “españolidade” para facer fronte, di, ao pacto entre PSOE, independentistas e Podemos.

O PP é o partido das maiorías e que está a disposición dos españois. E imos falar do PP. Máis que nunca fai falla que o PP funcione porque, ou temos unha alternativa, ou temos ao PSOE, independentistas e Podemos. E, lamentablemente, os españois non terán un goberno que considere que todos son iguais e que existe un país desde hai 500 anos que se chama Nación Española”, dixo.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta e tras ser preguntado por se haberá “concesións” a Vox para tentar chegar a novos acordos, tal e como aconteceu en Andalucía, Feijóo suliñou que este venres “só se falará do PP”. “A convención é do PP e non se fala deses planteaxamentos ideolóxicos porque non son os nosos”, dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Pontesampaio

A única cifra con 500 que manexades os pepeiropsoescsvoxeiros é a dos billetes de 500 euros, isa é a vosa nación. España é un estado de nacións sen estado. Ata a guerra cos franceses o estado español non existe. E logo reino dos borbóns franceses... XD

3 lóstrego

Sipaio dos Peares, que saberás ti de historia? Se tes o apelido deturpado e nin o sabes.

2 Coaga

Fakeghóo coas vellas fakenews de toda la vida. O líder do partido que máis fixo por devaluar a nosa sanidade debería decatarse de que os castellanos xa o odian e que por moito que vaia de lambecricas rojigualdas, non ten futuro aló de Pedrafita. Mais lle valería facer un coaga e arramplar con todo que aínda tá a tempo.

1 urco

Com este pseudo delegado do governo espanhol só cabe umha pergunta: é feble mental ou fai-se?