Beatriz Mato presenta o seu comité de campaña para lograr o "cambio" para a cidade da Coruña

Roberto Rodríguez, Gonzalo Trenor e Rosa Galego forman parte do equipo.

Por E.P. | A CORUÑA | 17/01/2019 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

A presidenta do PP local coruñés e candidata á Alcaldía da Coruña, Beatriz Mato, presentou o comité de campaña para as eleccións municipais, un equipo co que espera "traer o cambio á cidade da man do único partido que aspira á maioría".

Beatriz Mato, candidata do PP na Coruña presenta o 'MatoCarro'. PARTIDO POPULAR DE A CORUÑA
Beatriz Mato, candidata do PP na Coruña presenta o 'MatoCarro'. PARTIDO POPULAR DE A CORUÑA

"Xa estamos preparados, listos", sinalou, en rolda de prensa, tras comparar que, mentres no PP "xa estamos preparados e listos", hai outros partidos que "aínda andan discutindo quen serán os seus candidatos".

"Avanzamos no camiño mentres outros aínda non se colocaron nin na liña de saída", criticou a popular, quen presentou ao equipo humano que conformará o seu comité de campaña.

Así, o coordinador xeral do programa será Roberto Rodríguez —quen ten o mesmo cargo no PP coruñés—, quen contará co apoio de Rosa Galego (coordinadora da acción municipal), Martín Fernández Prado e Carlos Sánchez Tembleque (coordinación do programa), José María Barreiro (coordinación dos comités de barrios) e Judith Fontenla (coordinación dos comités sectoriais).

Pola súa banda, o posto de coordinador xeral da operativa de campaña ocuparao Gonzalo Trenor —secretario xeral do PP local—, quen terá a colaboración de Nazareth Cendán, Begoña Freire e Susana Pazo.

"EQUIPO PREPARADO PARA GOBERNAR"

"Necesítase estabilidade para impulsar o progreso na cidade, para garantir a cohesión social, para mellorar o benestar das familias. Hoxe día, esa estabilidade só pódea ofrecer o PP", sostivo Mato.

Así mesmo, avanzou que "máis adiante" presentará "outro equipo, o que me acompañará na alcaldía". "Será un equipo preparado para gobernar desde o minuto un", dixo a popular.

"Non podemos perder nin un minuto máis", sinalou Mato, que critica que a cidade xa "perdeu catro anos" co goberno da Marea. "Coruña non pode volver ser unha escola de formación ou un laboratorio de experimentos rebeldes", afirma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta