O BNG volve levar á Eurocámara a situación das rías do Burgo e de Vigo

A eurodiputada Ana Miranda advirte que a situación na ría do Burgo é "tremendamente grave".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2019 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) volverá levar á Eurocámara as situacións das rías de Vigo e do Burgo, cunha xornada de traballo organizada pola eurodiputada nacionalista, Ana Miranda, en Bruxelas, para analizar "os incumprimentos das recomendacións europeas sobre saneamento".

Visita á ría do Burgo. BNG
Visita á ría do Burgo. BNG | Fonte: Europa Press

Así, unha delegación formada por integrantes das plataformas en Defensa da Ría de Vigo e da Confraría da Coruña participarán no Parlamento Europeo para comparecer na Comisión de Peticións, na que se volverá a tratar o estado de saneamento das rías, segundo informou o Bloque nun comunicado. Estarán acompañados por representantes do BNG en diferentes ámbitos.

Miranda explicou que "o saneamento e a calidade das augas é unha prioridade" e, por iso, deben "esixir o saneamento integral" das rías, "dada a súa importancia para o sector pesqueiro, marisqueiro, para o medio ambiente e o turismo".

A eurodiputada nacionalista propuxo que se volvese a abrir un informe, resultado dunha investigación realizada por unha delegación do Parlamento Europeo en 2013, xa que "desde esa data non se cumpriron as recomendacións europeas para levar a cabo o saneamento das rías".

Nesta liña, comentou que o feito de que o tema volva á Comisión "é unha oportunidade de corrixir aquilo que o PP non fixo durante estes cinco anos respecto diso do saneamento integral das rías". Ademais, engadiu que "os fondos para o saneamento son claramente insuficientes tamén co actual Goberno estatal", en referencia de que se consignaron "cero euros" para a ría de Vigo.

SITUACIÓN "TREMENDAMENTE GRAVE" NA RÍA DO BURGO

O Bloque explicou que a situación na ría do Burgo é "tremendamente grave", xa que os problemas de saneamento "implican desde hai anos un forte descenso da actividade económica pola deficiente calidade da auga e a perda continua de postos de traballo".

Pola súa banda, na ría de Vigo, aínda que "efectivamente fíxose a EDAR", o BNG sinalou que "o saneamento da ría non está completado, xa que os aliviadoiros que existen son os mesmos que había fai anos, polo que a contaminación e as verteduras seguen existindo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

últimamente estamos vendo como BNG e mesmo En Marea (Lidia Senra) están a levar continuamente reclamacións ante a Comisión Europea (ben está) Pero non sería máis eficaz levar os deberes feitos investigando AQUÍ os incumprimentos da Administración (mesmo denunciando nos xulgados a falla de transparencia para que se investigue de oficio) e logo enviar o dossier completo á Comisión Europea? https://flic.kr/p/QpAGAj Entendo que Augas de Galicia está detrás de toda esta transferencia de fondos públicos (europeos) a empresas amigas... mentres as rías seguen cheas de merda! ¿Por qué non podemos coñecer os niveis de depuración da EDAR do Lagares?