O TSXG anula de novo unha orde da Xunta cos servizos mínimos durante a folga do 061 de setembro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2019 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou de novo unha orde da Xunta coa que estableceu servizos mínimos durante unha folga, neste caso durante o paro do 061 durante catro días de setembro do ano pasado.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Arquivo

En concreto, a sección primeira da sala do contencioso-administrativo do TSXG estimou o recurso interposto pola CIG, pola vía do procedemento especial para a protección dos dereitos fundamentais da persoa, contra a orde de setembro de 2018 da Consellería de Sanidade.

Dita orde determinou os servizos mínimos durante a folga do persoal do servizo de operación telefónica na central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 que se desenvolveu os días 10, 15, 17 e 22 de setembro de 2018.

"A consideración dun servizo como esencial non pode supor a supresión do dereito de folga dos traballadores que o prestaron", destaca o fallo.

VARIAS CONDENAS

O TSXG anula, xa que logo, a orde recorrida en canto á determinación dos servizos mínimos establecidos para o ámbito de actividade do 061 obxecto de externalización mediante contrato subscrito co Grupo Norte.

En outubro do pasado ano, o TSXG emitiu outra condena, que non era a primeira, contra a Xunta por vulneración do dereito á folga polos servizos mínimos fixados, igualmente, no servizo de atención telefónica do 061, externalizado no Grupo Norte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta