Feijóo presume de ter aforrado 90 millóns en "chiringuitos" desde que é presidente

O último informe do Consello de Contas apuntaba a que se mantiñan os órganos paralelos na Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñes Feijóo, destacou que a súa Administración aforrou "máis de 90 millóns de euros" ao suprimir 88 entidades desde o ano 2009, un labor de "adelgazamento" no que asegura que Galicia é "pioneira".

Feijóo, após a rolda de prensa do Consello da Xunta. XUNTA
Feijóo, após a rolda de prensa do Consello da Xunta. XUNTA

Así o subliñou na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta, que deu conta este xoves do informe de seguimento do Plan de Racionalización da Administración Paralela. Esta iniciativa, que se atopa na súa terceira fase, inclúe non só a supresión de organismos "innecesarios", tal e como informou Feijóo, senón que tamén inclúe a mellora da eficacia dos que seguen operando.

En canto a avances alcanzados no último informe do Plan, o mandatario autonómico destacou a liquidación de Turgalicia, a extinción do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) e a súa reconversión na Axencia de Calidade Alimentaria, así como a separación da Fundación do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).

Nas 64 entidades que continuarán operando, o traballo realizado polos auditores nos últimos meses inclúen ata 637 recomendacións de mellora que fan un total de 800 en materias como o control financeiro, a reordenación de espazos e a distribución de recursos materiais e humanos, entre outros.

Así as cousas, Feijóo celebrou que, cando se complete a terceira fase, Galicia será "a primeira" Comunidade Autónoma en completar un "proceso integral, permanente e transparente" de reestruturación da Administración. Ao final do mesmo, a Xunta suprimiría un total de 96 organismos --polo que tan só quedan oito operacións-- e outros 64 serían optimizados.

Con todo, o último informe do Consello de Contas apunta a todo o contrario. Preguntado ao respecto, Feijóo dixo que "non coincide cos seus datos". "Supolño que xa se farían alegacións a iso", respondeu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta