Pesar en Galicia polo morte dun presidente asturiano que presumía de amor a Galicia

Vicente Álvarez Areses tiña unha especial vinculación con Santiago, cidade na que estudiou e na que participou nas revoltas do 68.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Distintas voces expresaron  este xoves o seu pesar polo falecemento do expresidente do Principado de Asturias e actualmente senador socialista Vicente Álvarez Areces aos 75 anos de idade.

Vicente Álvarez Areces e Xoaquín Fernández Leiceaga
Vicente Álvarez Areces e Xoaquín Fernández Leiceaga

O pésame foi especial entre a comunidade socialista galega, que trasladaron as súas condolencias á familia e amigos do falecido. Neste sentido, o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, recordou na súa conta de Twitter a Álvarez Areces como "socialista de referencia" e "magnífico presidente asturiano".

Álvarez Areces mantiña unha intensa relación con Galicia desde a súa etapa de estudante en Santiago de Compostela, onde comezou a militar na esquerda antifascista e forxou importantes amizades.

En marzo do ano pasado, o expresidente asturiano participou en Compostela nun acto con motivo do 50 aniversario das revoltas estudantís do 68 e era "frecuente" nos actos organizados por CC.OO., sindicato que emitiu un comunicado lamentando o falecemento de quen cualifican como "amigo de Galicia".

Tamén a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática lamentou a través dun comunicado o falecemento dunha persoa "de firme compromiso ao longo da súa vida coa democracia, a igualdade, o progreso e a recuperación da memoria".

Álvarez Areces, de 75 anos, logrou a alcaldía de Xixón en 1987, e, posteriormente, ocupou a Presidencia do Principado de Asturias entre 1999 e 2011. Actualmente era senador e exerceu a portavocía do Grupo Socialista entre outubro de 2016 e xuño de 2017.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta