Falece unha muller de 80 anos atropelada por un camión en Melide

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 09:34

Comparte esta noticia

Unha muller de 80 anos de idade faleceu tras ser atropelada por un camión na tarde deste xoves no termo municipal de Melide (A Coruña).

Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos
Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 19,00 horas deste xoves na estrada N-547 ao seu paso pola parroquia de Leboreiro.

Foi un particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do suceso. Tras iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou ao 061, aos Bombeiros de Arzúa e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. A situación tamén se puxo en coñecemento da agrupación de Protección Civil de Melide.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e o equipo sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Melide, que confirmou o falecemento no lugar da muller H.B.D., de 80 anos, indicaron a Europa Press fontes sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta