Feijóo cambia de discurso e vira cara a ultradereita: "estou aberto a pactos con Vox"

Tras evitar falar de pactos coa formación de ultradereita, agora si pactaría con ela para botar do poder "a socialistas e populistas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, acaba de cambiar completamente de discurso e abriuse xa, abertamente, á posibilidade de que o seu partido busque socios, entre os cales non rexeitou a Vox, a condición de que os 'populares' non teñan que "renunciar aos seus principios".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante o acto. PPDEG
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante o acto. PPDEG | Fonte: Europa Press

"No caso de que, gañando as eleccións xerais necesitemos socios para gobernar, creo que o PP ten a obrigación de establecer un goberno distinto ao PSOE, a Podemos e aos independentistas", afirmou Feijóo nunha entrevista na Cadea Cope, recollida por Europa Press, ao ser preguntado se sería partidario de, para chegar á Moncloa, recorrer a un pacto como o subscrito polo seu partido en Andalucía.

No entanto, o dirixente galego matizou que "se houbese outro PSOE", como nos tempos "de Guerra, Leguina ou González", entón a el non lle importaría "para nada" que se pechase un goberno de concentración. "Lamentablemente, tal como está o PSOE creo que teriamos que facer o primeiro", dixo en referencia a buscar socios de goberno, entre os cales non descartou a Vox.

"Nós temos que ter a firmeza para dicir que non cando non estamos de acordo e a firmeza para dicir que si cando estamos de acordo", proclamou para insistir no seu "total acordo" co documento subscrito polo PP en Andalucía. Por contra, contrapúxoo co seu descuerdo con Vox en cuestións como que haxa que derrogar as políticas contra a violencia machista.

"Non imos pornos de acordo simplemente porque necesitemos uns votos. En todo caso, se a Vox o que lle interesa é que non goberne o socialismo, o populismo, pois é evidente que podemos coincidir, a condición de que nós non teñamos que renunciar aos nosos principios e ás nosas formulacións", proclamou Feijóo, que coordina a convención do PP que este venres arrinca en Madrid.

REAFIRMAR OS PRINCIPIOS DO PP

Na súa opinión, nese encontro o PP o que ten que facer é "unha reafirmación" dos seus principios como "punto de encontro de millóns de españois". Fronte a unha fuga de votos pola dereita, Feijóo recomenda aos 'populares' "non porse nerviosos" e seguir apontoando un "partido de maiorías", onde cabe xente que se autodenomina "de dereitas, conservadora, centrista, liberal".

Respecto diso, recordou que coa refundación do PP con José María Aznar ampliouse a base ideolóxica do PP e logrouse ter éxito. "Aí debemos estar", afirmou, aínda que discrepou dese expresidente en que sexa Mariano Rajoy o culpable de partir á dereita. "Se se quere que non goberne a esquerda, o voto útil é ao PP", dixo noutro momento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cruña

Está claro que Núñez Feijóo no es tonto.