O menor número de nacementos en Galicia quedou rexistrado no primeiro semestre de 2018

O número de mortes nas mesmas datas superaron en máis de setecentas ás do mesmo período de 2017.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

Galicia rexistra o seu menor número de nacementos no primeiro semestre de 2018 desde que hai rexistros históricos do Instituto Galego de Estatística (1997), mentres se produce a maior cifra de falecemento no mesmo período, segundo datos publicados este venres.

Maternidade, fillos, nacemento. EUROPA PRESS - Arquivo
Maternidade, fillos, nacemento. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

En concreto, nos seis primeiros meses de 2018 houbo 8.313 nacementos fronte a 17.432 falecementos, o que dá un saldo vexetativo negativo de 9.119 persoas. Respecto dos alumeamentos, son 535 menos que o primeiro semestre de 2017 (houbo 8.848), mentres son máis dun milleiro por baixo dos 9.421 nas mesmas datas de 2016.

No tocante ás mortes, o primeiro semestre de 2018 van 753 falecidos máis que no mesmo período de 2017 (foron 16.679), xa que son un milleiro máis que en 2016.

POBLACIÓN A FINAIS DE 2017

Estes datos de nacementos e mortes son os de avance do IGE en 2018, mentres publica as cifras definitivas de 2017, que se pechou ese ano con 2.703.149 habitantes, o que supón 6.980 persoas menos que ao acabar 2016.

O 76,3% da poboación concéntrase nas provincias da Coruña e Pontevedra. Hai cinco comarcas que gañan poboación: A Coruña (2.598 persoas máis), Santiago (873 máis), Pontevedra (194 máis), Ourense (187 máis) e Betanzos (tres máis).

Entre as sete cidades, só Vigo (1.889 habitantes menos) e Ferrol (719 menos) perden poboación. As outras cinco van á alza: A Coruña (1.112 máis), Santiago (372 máis), Pontevedra (278 máis), Lugo (154 máis) e Ourense (oito máis).

BAIXAN OS MATRIMONIOS 

Pola súa banda, os matrimonios van á baixa os primeiros seis meses de 2018 en Galicia, ata quedar nun total de 2.888, polo que son 415 de diferenza cos 3.303 que se produciron ás mesmas alturas de 2017. E é que o total de matrimonios tamén é o menor neste período da serie histórica, segundo o avance do primeiro semestre publicado polo Instituto Galego de Estatística.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta