Falece unha muller de 80 anos en Melide tras ser atropelada por un camión

A Garda Civil investiga as causas que concorreron no accidente mortal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Unha muller de 80 anos de idade faleceu tras ser atropelada por un camión na tarde deste xoves no termo municipal de Melide (A Coruña).Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 19,00 horas deste xoves na estrada N-547 ao seu paso pola parroquia de Leboreiro.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Foi un particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do suceso. Tras iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou ao 061, aos Bombeiros de Arzúa e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. A situación tamén se puxo en coñecemento da agrupación de Protección Civil de Melide.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e o equipo sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Melide, que confirmou o falecemento no lugar da muller H.B.D., de 80 anos, indicaron a Europa Press fontes sanitarias.

A Garda Civil informa que iniciou unha investigación para determinar os factores concorrentes na súa produción, instruíndo as preceptivas dilixencias policiais para a súa remisión á autoridade xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta