Fiscalía pide 34 anos para un home acusado de violar, denigrar e maltratar a súa muller

Os feitos comezaron no inicio da súa convivencia e prolongáronse ata despois da separación. O presunto autor do delito ten agredido a súa ex parella diante da filla menor que teñen en común.

Por E.P. | A CORUÑA | 19/01/2019 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o luns, día 21, o xuízo contra un home acusado de agresión sexual, ameazas, malos tratos e coaccións cara á que foi a súa muller, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). En concreto, a Fiscalía pide un total de 34 anos de cárcere para o home, que denigraba a súa parella moitas veces diante da filla que teñen en común

Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533
Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533

Os feitos remóntanse ao ano 2008 e perduraron incluso logo da súa separación, un ano despois. En concreto, o fiscal relata que "nada máis iniciarse a convivencia" a vítima "sufriu por parte do acusado unha conduta de dominación, desprezo, insultos, control da súa persoa e do seu diñeiro, de forma cotiá".

Entre outras cuestións, relata que o acusado lle cuspía con frecuencia, tapáballe a boca co edredón para non escoitaro seu pranto, tiráballe dos pelos, dicíalle que era unha porca", cita, a modo de exemplo.

Asegura tamén que este trato o estendeu a familiares que trataron de protexer á vítima, á que chegou a agredir sexualmente, incluso diante da súa filla pequena mentres permanecía durmida no coche, segundo recolle o escrito de cualificación fiscal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta