Atopan un home tras pasar catro días perdido polos montes de Muros

O ancián presentaba síntomas de hipotermia e foi trasladado a un hospital santiagués.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O home que faltaba desde o pasado martes da súa vivenda situada na parroquia de Esteiro, no municipio coruñés de Muros, apareceu este sábado nun monte desta localidade con síntomas de hipotermia pero en bo estado.

Costa de Esteiro, Muros
Costa de Esteiro, Muros

Segundo informaron a Europa Press fontes do GES de Muros, o home foi achado na mañá deste sábado nun camiño antigo rodeado de silvas e situado a uns 200 metros dun núcleo de casas da propia parroquia de Esteiro.

O home estaba no chan, mollado e desorientado, polo que foi trasladado á PAC por parte dos servizos de urxencias. Dende alí foi derivado a un centro hospitalario de Santiago de Compostela, por presentar síntomas de hipotermia.

No operativo de urxencias participou este sábado o GES de Muros, efectivos de Protección Civil de Muros e Noia, a Garda Civil e veciños deste municipio coruñés.

Foi a familia do home desaparecido a que avisou da falta deste veciño, de 68 anos de idade, que se puido desorientar e que estaba enfermo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta