Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 14:40
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, valorou a participación de Boeing no polo aeroespacial da comunidade e trasladou á empresa a disposición da Xunta a estudar novos proxectos conxuntos. Referiuse ao desexo de impulsar e expandir o sector tecnolóxico galego neste sentido
Así llo trasladou o titular de Industria nunha reunión mantida co director xeral de Boeing, José Enrique Román, así como co responsable de Estratexia e Desenvolvemento da entidade, Eduardo Carrillo.
Nun comunicado, o departamento autonómico destacou que Boeing "se suma á aposta de Galicia no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados liderando un dos dez contratos da fase de solucións das Civil Uvas Initiative (CUI)", cuxo obxectivo é "dar resposta ás demandas reais das administracións e mellorar os servizos públicos que se ofrecen aos cidadáns con solucións innovadoras baseadas no uso de drons".
Segundo informou o departamento de Conde, desenvolverase tecnoloxía para "un dos retos máis ambiciosos", como é a "convivencia" no espazo aéreo de vehículos tripulados e non tripulados. Ademais, tamén se pretende "impulsar a participación da industria galega neste segmento tecnolóxico e atraer a Galicia grandes actores da seguridade aérea".
A Consellería de Economía, Emprego e Industria detallou que "aos 6,05 millóns de euros de adxudicación, hai que engadir os case 4 que Boeing porá dos seus propios recursos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.