Prisión provisional e sen fianza para o presunto acosador de menores detido na Coruña

O arresto produciuse logo de varios avisos por parte de mozas que sufriron tocamentos.

Por E.P. | A CORUÑA | 19/01/2019 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

O xulgado da Coruña en funcións de garda decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto acosador de menores  detido o venres na cidade herculina.

Un axente municipal foi quen executou a detención
Un axente municipal foi quen executou a detención | Fonte: XdV

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home é investigado por un delito continuado de abuso sexual a unha menor de 16 anos.

En concreto, a detención produciuse sobre as 14,40 horas do venres na rúa Cuevas, na zona de Monte Alto, e estivo a cargo dun axente municipal que se atopaba pola zona, segundo precisou un portavoz da Xefatura Superior de Policía en Galicia.

O arresto tivo lugar despois de que o home, de 36 anos, fose sorprendido tras intentar realizar tocamentos a unha menor, que foi a que deu a alerta.

A investigación para a súa localización empezou en decembro despois de que se presentasen varias denuncias por tocamentos a menores por parte dun home na zona de Monte Alto e na rúa Juan Flórez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta