Tellado di que o PP "non é unha moda", senón un partido "central" que "aglutina" todo o centro-dereita

O secretario xeral do PPdG lamentou que haxa partidos "que pretendan dar unha lección" aos populares e confiou en que a formación saia "máis preparada" para gañar eleccións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O secretario xeral do Partido Popular galego, Miguel Tellado, sinalou que o PP "non é unha moda nin un invento" e que seguirá sendo un partido "central, que aglutine a todo o centro-dereita para conseguir maiorías amplas que acheguen estabilidade".

Fejióo con membros de Novas Xeracións na Convención Nacional. PPDEG
Fejióo con membros de Novas Xeracións na Convención Nacional. PPDEG | Fonte: Europa Press

Así o expresou este sábado na convención nacional do PP, onde engadiu que dito evento "é unha moi mala noticia para a esquerda", xa que, ao seu xuízo, "supón un punto de inflexión para o rearmamento do partido a nivel nacional".

Neste sentido, segundo explicou o PP galego nun comunicado, o secretario popular asegurou que o Partido Popular sairá da convención "máis forte e preparado para gañar eleccións". "Queremos gañar nas autonomías, nas grandes capitais e nas eleccións europeas, para demostrar tamén que estamos en disposición de ser a alternativa de goberno que España necesita ante o socialismo de Pedro Sánchez", engadiu Tallado.

O número dous do PP galego lamentou que haxa novos partidos "que pretendan dar unha lección ao Partido Popular". "Somos un partido con 40 anos de defensa dos nosos valores constitucionais e que achega certezas alá onde ten a ocasión de gobernar", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta