Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 20:08
Dúas persoas resultaron feridas leves, entre eles un menor de nove anos, na parroquia pontevedresa de San Xoán de Botos de Lalín, tras saír da vía co vehículo no que viaxaban.
Segundo informou o servizo de urxencias 112 Galicia, o suceso ocorreu ao redor das 14,40 horas, cando o CIAE recibiu unha chamada dunha persoa particular que informaba dunha saída de vía na estrada PO-534 no concello de Lalín.
Así mesmo, a persoa indicaba que había un menor ferido leve, así como que o coche obstaculizaba a vía e que quedaban restos do accidente no asfalto. Os profesionais do 112 puxeron en alerta os servizos sanitarios, os Bombeiros de Deza, o GES de Lalín, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, ademais dos servizos de mantemento de estradas.
Finalmente, os dous feridos foron trasladados en ambulancia ao centro hospitalario A Rosaleda de Santiago de Compostela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.