Temas: OURENSE EMPREGO

Adelante Ourense preséntase co fin de rematar coa "parálise" da cidade

Benito Iglesias, ex membro de Ciudadanos e do Partido Popular, será o candidato da nova formación na cidade das Burgas. Entre as súas propostas están a creación de 2.000 postos de traballo, un hotel termal e chan industrial gratis.

Por E.P. | OURENSE | 19/01/2019 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

A formación política Adelante Ourense foi presentada de forma oficial na mañá deste domingo polo que será o candidato ás eleccións municipais do próximo mes de maio, Benito Iglesias -antes en Ciudadanos e no Partido Popular-.  Iglesias prometeu dous mil postos de traballo, un hotel termal e chan industrial gratis por 50 anos a empresas que creasen emprego estable e de calidade co obxectivo de "transformar" a cidade nun "territorio competitivo".

Concello de Ourense
Concello de Ourense | Fonte: Wikipedia

Neste sentido, comprometeuse a levantar un "gran hotel termal" na zona do antigo matadoiro municipal "que suporá a creación de 500 postos de traballo, directos e indirectos", e "un gran impulso para facer realidade o 'Ourense Cidade Termal tan publicitado". Así mesmo, tamén falou de apostar polos mozos e de reforzar os servizos sociais para atender "máis e mellor" os maiores e "a quen o están pasando peor.

Á súa vez, Benito Iglesias criticou os grupos municipais da oposición, aos que instou a que asuman "a súa parte de culpa" na "parálise á que se arrastrou a cidade". Segundo el, "estiveron máis preocupados polo poder e polos intereses dos seus partidos ca polas necesidades e demandas dos ourensáns".

Temas: OURENSE EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 lóstrego

Eu flipoa con Ourense

1 astracanadas BALTAR

Outro tapado de jose luis BALTARES da deputación de Ourense... creo que van ter os seus cartaces nalgunh-a almacen ou oficina da deputación non seria a primeria vez que pasa, o que non sei e a quen pretenden "engañar" a xente do pepeiro da xunta, os desmandandos do jacome (o partido ten polo menos perdidos 3-4 escaños) tratan de impedir o aumento de vox que non suba moito seica, de dulcificar o ultradereitismo, tratan de minar o crecemento de chupadanos (xunto os residuos de upypepeiro de Ourense) outra fantasmada mais, por favor investigen quen están financiado estes partidos ... toda a cuchipanda cabe nun microbús... o que esta crecendo e vox... ahí esta o expañolismo o autentico perigo desde pe$oume, pepeiro, rateiro, chupadano, vox, podreiro, anova, e sobre todo izquierdo la unidad... o pce o chamado comunismodarisa... son moi de risa o que din... é algún dirixente pedindo carcere para os catalans dende o terceiromundismo metal...