Liberan un home que quedara atrapado no coche tras unha saída de vía en Marín

O turismo no que viaxaban dúas persoas chocou contra un muro, pero un dos ocupantes xa conseguira saír

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2019 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

O copiloto dun turismo tivo que ser excarcerado polos bombeiros na noite deste sábado, ao saírse da vía o turismo no que viaxaba, nun sinistro ocorrido no lugar do Castro, na parroquia pontevedresa de Seixo, en Marín.

Unha estrada
Unha estrada | Fonte: Wikimedia

Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro produciuse ao redor das 23,20 horas. O vehículo chocou contra un muro e os bombeiros tiveron que intervir para excarcerar o copiloto, que resultou ferido.

O 112 Galicia puxo en marcha un operativo que contou coa intervención do 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros do Morrazo, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e tamén os voluntarios de Protección Civil.

Os bombeiros confirmaron que foron dous os ocupantes do vehículo accidentado, aínda que só un deles quedou atrapado. Tras terminar os traballos de excarceración, o ferido foi trasladado ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios de urxencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta