Breve guía para entender o debate que arrecia no BNG

GC tenta deitar un pouco de luz na lea de siglas da fronte, que en Outubro encara unha Asemblea Nacional clave para a súa supervivencia. O partido máis forte, a UPG, critica aos alcaldes que piden un cambio de rumbo urxente.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/08/2011 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

Lonxe de calmarse no verán, a discusión interna do BNG segue a quentarse tras o polémico manifesto de alcaldes. A maioría de edís da fronte, coa significativa excepción dos mandatarios afiliados á UPG, reclama un cambio urxente de rumbo para frear novos retrocesos electorais. Na súa opinión, o BNG mantén un discurso anticuado, que lle impide abrirse a novas capas sociais.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, criticou aos asinantes do texto por asumir un protagonismo que, na súa opinión, non lles corresponde. Outros militantes da UPG tamén criticaron aos alcaldes a través de Terra e Tempo, a revista dixital que edita a formación comunista. Iso si, o partido que dirixe Paco Rodríguez, o máis numeroso da fronte, non respondeu directamente, nun intento de non botar leña ao lume da polémica como fixeron, na súa opinión, os alcaldes críticos.

None

Os militantes da UPG disgustados coa publicación do manifesto

Emilio López, exdeputado e exdelegado da Xunta en Lugo, rexeita o discurso "descafeinado" que propoñen os alcaldes, aos que entre liñas critica por edonistas. "Estamos seguros de que os viaxeiros e viaxeiras dise barco pensan todos e todas o mesmo e están dispostos a tirar a historia do nacionalismo pola borda para emprender unha nova aventura cunha nova tripulación? Tan malos son os remeiros que trouxeron o barco ate este porto?", conclúe.

Tamén en Terra e Tempo Rosana Pérez acusa aos alcaldes de deslealdade co BNG e insiste en que as súas opinións non son máis relevantes que as de calquera militante. Pérez argumenta que "19 dos máis de 8.000 militantes do BNG veñen de lembrarnos que, despois do debate nas asembleas comarcais de xullo, hai quen prefire -para cansanzo e aburrimento de todas e todos os demais- continualo nos medios de comunicación, ávidos, como sempre, de trasladar á cidadanía as miserias dunha organización política que, na maioría dos casos, sírvellas en bandexa a través dos seus propios e 'destacados' integrantes".

O veterano militante da UPG Anselmo López Carreira rexeita que na fronte haxa falta de democracia interna e advirte que cómpre asumir que o BNG é nacionalista e de esquerdas ou facer un "cursillo de iniciación". Carreira desbota un novo retroceso electoral como o que temen os alcaldes críticos.

Os irmandiños e os ex-quintanistas apoian aos alcaldes

Da outra banda, os alcaldes críticos, procedentes na súa maioría do Encontro Irmandiño e Máis Galiza, manteñen que cómpre unha renovación da fronte.

Un dos alcaldes asinantes, Orlando González (Mondoñedo), acusou onte á UPG, maioría na cúpula da fronte, de seguir estratexias propias dos anos 70 e insistiu na necesidade de "modernizar" a mensaxe dos nacionalistas. Martiño Noriega (Teo) insistiu en que o BNG debe renunciar a "tutelar" á sociedade para adaptarse ás súas demandas.

O propio Encontro Irmandiño aplaude o manifesto. "A reflexións dos alcaldes conta coa simpatía do Encontro Irmandiño en primeiro lugar polo que ten de mostra de saúde a expresión libre da crítica, pero tamén porque atinan en sinalar e compartir con toda a militancia e segmentos progresistas do noso país, a emerxencia na que se atopa o nacionalismo", argumenta o partido de Xosé Manuel Beiras. Máis Galiza tamén deixa claro o seu apoio aos críticos ao reproducir o manifesto na súa web.

Novo partido en setembro?

O debate quentarase aínda máis en setembro, co reinicio do curso político. As grandes citas da Asemblea Nacional, que debe elixir candidato á Xunta, en outubro e das eleccións estatais en novembro determinarán o futuro da fronte. E antes, en setembro, a anunciada creación dun novo partido "galeguista e de esquerdas" que promoven ex-militantes do BNG coma Filipe Díez.

De cara á Asemblea Nacional, a UPG xa lanzou a oferta a  outras correntes de montar unha candidatura compartida. Con todo, esta posibilidade parece desbotada ante os recentes cruces de acusacións.

A liorta dos censo

Agora está por ver se Encontro Irmandiño e Máis Galiza son quen de sumar esforzos, como fixeron os seus alcades este agosto. Opción que parece complicada, pois ideoloxicamente Máis Galiza, herdeiros do quintanismo, representa opcións máis centradas; mentres os irmandiños apostan por refundar o BNG con criterios propios da esquerda altermundista. Agora ben, o peso da UPG no censo, que pode rondar o 50%, anima aos críticos a explorar consensos de mínimos.

Loxicamente, antes de pensar en alianzas, todas as correntes necesitan medir as súas forzas e aos dos rivais. É dicir, coñecer o peso de cadaquén no censo dos 8.000 militantes que o BNG di ter. No último Consello Nacional a UPG logrou que non se publicasen as listas antes de seren depurados de militantes que non están ao día no pago das cuotas.

Atraso da Asemblea Nacional?

Outra clave a considerar é un posible atraso da Asemblea Nacional, prevista para o 22 e 23 de outubro. Cando se aprobou a convocatoria, o Consello Nacional deixou a porta aberta a un atraso no caso de que ZP adiantase os comicios estatais. Organizar un debate de tal importancia a menos dun mes do 20N pode prexudicar as aspiracións electorais dos nacionalistas, que arestora teñen dous deputados nas Cortes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

7 dendeaqui

falan de democrácia interna cando se manipulan as asembleas para colocar a quen conven, penso que máis ven e chuleria e burla, para nada comportamento de persoeiros cultos que se dicen ou fan chamar, para nada, e logo e de risa, que falen de liberdade de expresión pero logo critiquen, ou e que só poden falar uns e outros non ao que lle chaman democrácia vostedes, modifiquen comportamentos que se lles ve moito o plumeiro, verdadeiros intereses persoais, case como no PP. de pena, asi vai.

1 En pé

No bloque, hai manipulación e imposición, e a iso lle chaman democracia.

2 En pé

No bloque, hai manipulación e imposición, e a iso lle chaman democracia.

6 O Pindo

Moi intersante o artigo de Rosana Pérez no Terra e Tempo. Por outra parte, é certo que o Alcalde de Mugardos non asinou o Manifesto dos 18?

1 Reboraina

No Terra e Tempo non hai máis que lixo e chuparse as pirolas uns mantidos ós outros mantidos. Endogamia pura e dura eso é o que é a UPG e o seu catecismo Terra e Tempo

2 votante

Moi decepcionante a actitude da responsable executiva de comunicación do BNG. Acaso Rosana Pérez non ten moito que ver na imaxe que está a proxectar o BNG e que critica o manifesto? Pois lendo o seu artigo semella que ela simplemente pasaba por alí. Esto é o que vai mal no BNG: que as persoas responsabeis non se responsabilicen e que cando os cargos institucionais falan se lle quera ningunear. Quen manda no BNG?. Que o fan os que pegan os carteis é unha falacia.

3 farto xa

É que a UPG é especialista en ir de vítima. Ela é a responsábel (aínda que non só, pois gran parte de +Galiza tamén) do ninguneo da militancia de base e da supresión das reglas de xogo internas: asemblearismo, pluralismo, consenso... As choromicadas da UPG sobran.

4 curuxa

Como vai asinar o alcalde de Mugardos se é o promotor da planta de gas de Reganosa. O nacho é congruente. Paco o de Ferrol e Suso(CIG) din, planta Si, e el executa. Ese non pensa, obedece aos totalitarios da UPG. Nunca Máis!

5 Nito

Curuxa: Faltouche decir que na CIG quen xogou o papel máis importante a prol de Tojeiro e a súa planta de Gas, foi Nandi o deputado máis incompetente e sinistro que tivo o Parlamento Galego e que, unha vez que dimita Quintana para exercer de empresario no Brasil, ímolo voltar a ter de deputado ( incompetente e sinistro como sempre) desta vez defenderá a mina de Andalucita nas Fragas do Eume e que Endesa poida seguir contaminando todo Galicia, que non haxa tren ó Porto Exterior, para que os camións de Tojeiro sigan facendo o negocio, e ás fins de semana irá "descansar" ó seu chalé de Viveiro

6 metralla

Un 10 para Rosana, que non é militante da UPG nin mantida de ninguén (salvo da Consellería de Educación que é a que lle paga o seu soldo de ensinante). Para os que non se enteran e adícanse unicamente a difamar, que é gratis, o alcalde de Mugardos si asinou ese manifesto. Algún día gustaríame poder discutir sobre a política interna do PP ou do PSOE, e que alguén se adicase a insultar aos membros destos partidos. Semella que falar do BNG, sen ter nin puta idea do que se di, é o deporte nacional.

7 O Cernadas

Prezados bloqueiros, isto marcha.Din que hai prevista unha asembleia en outubro. Para que? Xa levamos semanas discutindo, dicindo paridas, insultando,...para que máis gastos? Agora falta unha enquisa en GC e do que saia todos corpo a terra; non vos parece? Creo que esa asembleia era a que debera adiantarse e rematar con esta trifulca dunha vez por todas. Senon nas vindeiras eleccións os nacionalistas van facer un ridículo espantoso. E nós, os votantes, que?

5 sapoconcho galego

Nunha organizazon na que os militantes tenhen a obriga de contribuir o seu mantemento, a falta de ise requisito pareceme que invalida a quen o fai. Por que cando se afiliaron xa o sabian, ¿ non ?.

1 dosur

afiliaronse como minimo a unha forza política democrática penso, logo poden criticar, xa que o da liberdade de expresión interna non e real, porque existe manipulación clara na busqueda de intereses persoais,é lexítimo que as persoas avancen dentro dunha forza, pero de xeito democrático e ético, non manipulando, e as obrigas son para todos ou, sempre coa mesma volta e a xente non e tola

4 sapoconcho galego

Nunha organizazon na que os militantes tenhen a obriga de contribuir o seu mantemento, a falta de ise requisito pareceme que invalida a quen o fai. Por que cando se afiliaron xa o sabian, ¿ non ?.

3 Unha

Como que somos iguais, somos diferentes, hai unha cúpula e hai unha militancia, e hai estratexias de correntes e partidos e os afiliados de base independentes quedamos a velas vir mentres non botan o sermón do poder do militante e a asemblea. Hipócritas!

1 Lampedusa

Se alguén pensa que na Asemblea do BNG vai haber debate e non vai ficar reducida, como sempre, en tantos para este e tantos para estoutro, é que non sabe como funciona o BNG