A Xunta pide permiso ao Estado para realizar unha emisión de débeda de 400 millóns

A Xunta solicitou autorización á Administración do Estado para realizar unha emisión de 400 millóns de euros en bonos a longo prazo, o que suporá o inicio do retorno gradual aos mercados de débeda de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2019 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A Xunta solicitou autorización á Administración do Estado para realizar unha emisión de 400 millóns de euros en bonos a longo prazo, o que suporá o inicio do retorno gradual aos mercados de débeda de Galicia.

A Xunta asegura que Galicia é a comunidade onde menos aumentou o volume de débeda dende 2008
A Xunta asegura que Galicia é a comunidade onde menos aumentou o volume de débeda dende 2008

Tal como sinalou a Xunta nun comunicado, esta será a primeira emisión de débeda que a Administración galega levará a cabo desde 2014. Ata 2015, Galicia financiouse "con normalidade" nos mercados, pero a partir de aí acolleuse ao Fondo de Facilidade Financeira, o mecanismo reservado para as comunidades autónomas que cumpren cos obxectivos de estabilidade.

As razóns que levaron a Galicia a volver aos mercados, segundo explicou a Xunta, foron a mellora das condicións que ofrecen os mercados, a modificación das condicións que ofrece o Fondo de Facilidade Financeira, así como o actual contexto do mercado, "con abundante liquidez", e a conveniencia de estar en mellores condicións para afrontar a supresión dos mecanismos de facilidade para o financiamento.

Para poder acceder ao mercado de forma gradual, combinando os mercados co Fondo de Facilidade Financeira, o Ministerio de Facenda estableceu unha serie de condicións que as comunidades autónomas teñen que cumprir. A Xunta destacou que Galicia cumpre "con todos estes requisitos", que son estar adherido ao Fondo de Facilidade Financeira, cumprir cos obxectivos de estabilidade e cos límites do período de pago de provedores, e ter, polo menos, unha cualificación crediticia de grao de investimento.

Así mesmo, o Goberno autonómico adiantou que a comunidade pechará 2018 cunha redución do seu endebedamento e que Galicia é a rexión española "que menos incrementou o seu volume de débeda desde o ano 2008".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta