Feijóo ofrece o modelo do PPdeG como "única alternativa" para España

Na convención nacional do partido, o presidente da Xunta asegurou que o seu é un "proxecto de presente para lanzar o futuro"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2019 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu este domingo -no marco da convención nacional do Partido Popular- o modelo de organización de "amplo espectro" do PPdeG como "única alternativa" ao socialismo, ao populismo e ao independentismo en España.

Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. PARTIDO POPULAR
Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. PARTIDO POPULAR | Fonte: Europa Press

Tal como sinalou o Partido Popular nun comunicado, Feijóo sinalou que este evento permitiu corroborar que o PP é "un proxecto de presente para lanzar o futuro". "Non presumimos de ter un pensamento único, senón de pór o noso pensamento a disposición dos demais", subliñou. "Fronte a un PSOE que cada día se fai máis pequeno, no PP debemos facer máis amplas as nosas bases", apuntou Feijóo, quen insistiu en que na formación "caben moitas sensibilidades diferentes".

O líder do PPdG louvou as intervencións dos ex presidentes Mariano Rajoy e José María Aznar, así como do actual presidente do PP, Pablo Casado. Neste sentido, Feijóo reivindicou o seu partido como unha formación que "non se esquece de ninguén", senón que é "a suma" de quen a precedeu.

"Marchamos de aquí tranquilos e satisfeitos porque sabemos que podemos seguir sendo útiles á maioría social coa que soñaba Manuel Fraga", sentenciou Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta