Unha muller resulta ferida ao ser atropelada na Coruña por un condutor que deu positivo en alcol

A Policía tamén interviu nunha detención dun home que conducía un vehículo subtraído e que supostamente estaba participando nun roubo nun establecemento hosteleiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida leve nun atropelo ocorrido na madrugada deste domingo na Coruña. O condutor do vehículo deu positivo na proba de alcolemia, do mesmo xeito que a viandante.

Control de alcolemia.
Control de alcolemia.

A Policía Local da Coruña informou de que o accidente se produciu ás 05,13 horas na rúa Oidor Gregorio Tovar, á altura do número 9. A muller atropelada foi atendida no lugar por unha ambulancia do 061 e posteriormente trasladada ata urxencias do CHUAC.

Ambos implicados sometéronse ás probas de alcolemia,  cun resultado de 0,60 mg/litro de aire expirado no caso do condutor; e de  0,73 mg/litro o peón.

DETIDO CUN COCHE ROUBADO

A Policía Local da Coruña detivo na madrugada deste sábado un veciño da cidade, de 45 anos, que foi localizado cando estaba estacionado diante dun establecemento no que se estaba producindo un roubo. O home fuxiu nun vehículo que figuraba como subtraído desde había 12 días.

Arredor das 02.45 horas os axentes achegáronse a un vehículo aparcado en dobre fila e en posición estraña ante un establecemento de hostalería. Nese momento, o condutor arrincou de forma acelerada, á vez que do local saían dúas persoas que que tiraban os obxectos que levaban na man mentres se daban á fuga a pé.

Logo de perseguir o vehículo, os axentes interceptárono na rúa Simón Bolívar, na que o condutor perdeu o control e impactou contra un bordo de formigón. Aínda que o condutor saíu correndo do coche, finalmente foi reducido. No interior do automóbil localizáronse obxectos como unha máquina expendedora e un desaparafusador.

No local de hostalería, que tiña a entrada forzada, atoparon unha gran cantidade de moedas e billetes. O home foi detido e identificado, ademais de denunciado por roubo con forza en establecemento público, subtracción de vehículo a motor e resistencia aos axentes da autoridade.

Segundo informa a Policía Local, o home quedou custodiado en dependencias policiais á espera da súa posta a disposición xudicial.

DETIDO POR DELITO DE INTIMIDACIÓN

Por outra banda, ás 19.30 horas do día 18 unha patrulla da Policía Local tivo constancia dunha pelexa entre dúas persoas na Avenida de Finisterre. Un dos implicados explicou que atopou o outro individuo no interior do seu coche e que o ameazou cunha navalla.

Os axentes detiveron o suposto agresor, un home de 45 anos e veciño da localidade coruñesa de Carral que foi denunciado ante o Xulgado de Garda por un delito de roubo con violencia e intimidación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta