O PP de Pontevedra pide rexeitar as propostas de Fomento para o segundo tramo da A-57

Solicitan a elaboración doutra alternativa "que inclúa as suxestións que os veciños trasladaron aos técnicos" hai algúns meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2019 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O grupo popular no Concello de Pontevedra pedirá no pleno municipal deste luns que se rexeiten as alternativas do Ministerio de Fomento para o segundo tramo da autovía A-57, que conecta A Ermida e Pilarteiros. Solicitan que se elabore unha nova proposta.

Rafa Domínguez (esq)
Rafa Domínguez (esq) | Fonte: Galicia Confidencial

A través dunha moción, o PP trasladará as denuncias dos veciños de Xeve e Bora afectados polo trazado previsto e solicitarase que se "busque un novo trazado que sexa menos lesivo e que inclúa ademais as suxestións que os veciños destas dúas parroquias trasladaron aos técnicos de Fomento hai xa varios meses".

Así o reclamou o portavoz, Rafa Domínguez, que sostén que "é posible un trazado menos lesivo" e que esixe que se pida a elaboración dunha nova proposta a Fomento. "Lamentamos que non sexa o BNG de Lores o que lidere as reivindicacións veciñais. É triste que os veciños teñan que abordar o Alcalde nun corredor para que os escoite", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta