O maquinista do tren de Angrois: "Se teño que pagar, pago, pero que pague máis xente"

Garzón séntese "responsable", pero "non culpable". Pediu perdón ás vítimas e asegurou estar disposto a entrar no cárcere

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 20/01/2019 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Francisco José Garzón, o maquinista do tren Alvia accidentado en Angrois en 2013 , asegurou este domingo que se sente "responsable" polo sinistro, "pero non culpable". "Se teño que pagar, eu pago, pero que pague máis xente", engadiu.

O maquinista do accidente de Angrois. Europa Press - Arquivo
O maquinista do accidente de Angrois. Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Na primeira entrevista concedida aos medios de comunicación seis anos logo da traxedia, Garzón recoñeceu na Sexta a súa parte de culpa, pero sostivo que "antes de fallar" el "fallaron outros".

Neste sentido, Garzón referiuse a Adif e, en parte, a Renfe. Con todo, asumiu que como condutor el era o "último elo" da cadea. "Non podo fallar, pero son humano. En todo momento o primeiro que pensei foi protexer o tren. No momento en que vou no tren eses son os meus pasaxeiros, teño que coidalos", explicou.

O maquinista de Angrois pediu perdón ás familias das 80 vítimas e os 144 feridos e asegurou que "se hai que entrar" a prisión "éntrase". "Non me cansarei de pedir perdón. Perdón, perdón, perdón. Pero eu teño a conciencia moi tranquila", dixo entre bágoas.

"HABÍA INTERESE EN QUE EU SAíSE POLA PORTA PRINCIPAL"

Na súa intervención en 'Liarla Pardo', Garzón denunciou a pouca "sensibilidade" que se tivo con el, cando tiña "un neumotórax e as costelas rotas". "Había un interese en que eu saíse pola porta principal con todos os medios", engadiu.

O pasado 3 de decembro de 2018, o titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela, Andrés Lago, deu por finalizada a investigación polo accidente do Alvia mantendo como únicos imputados ao maquinista e ao director de Seguridade na Circulación de Adif cando entrou en funcionamento a liña, Andrés Cortabitarte.

No auto, Lago Louro imputou o maquinista e o exdirector de Seguridade por 80 delitos de homicidio e 144 de lesións por imprudencia profesional grave, ademais de acordar a continuación das dilixencias previas polos trámites de procedemento abreviado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

o peor de todo é a mentira e a hipocrisía... https://youtu.be/y9Hdo9RfdFw?t=49m

1 Gamela

vivimos nun pais de hipócritas e cínicos... https://youtu.be/pAt39plgwoc?t=39s