A orde de execución das fragatas F-110 asinarase en abril

Margarita Robles estima que a data do contrato será un mes despois, en maio. A primeira unidade entregaríase "a finais de 2025" e a última en "2029 ou 2030"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/01/2019 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A ministra de Defensa, Margarita Robles, asegurou que o seu departamento ten previsto "asinar a orde de execución",para a construción das cinco fragatas da serie F-110 nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, no "próximo mes de abril", mentres que o contrato "sería asinado ao mes seguinte, en maio deste ano". Así, barállase como "data de entrega da primeira unidade a finais do ano 2025 ou principios do 2026, e que a última das fragatas estivese finalizada sobre 2029 ou 2030".

Ministra de Defensa, Margarita Robles
Ministra de Defensa, Margarita Robles | Fonte: Europa Press

Así o asegurou Robles nunha rolda de prensa desenvolvida na tarde deste domingo no Museo Naval de Ferrol (A Coruña), onde recordou que o programa para a construción destas novas unidades teñen uns orzamentos totais de "4.325 millóns de euros, que vai supor a creación duns 8.000 postos de traballo entre directos e indirectos e que este contrato está previsto que se estenda durante uns dez anos".

Tamén destacou que esta obra "é unha boa noticia para España e Galicia, para a modernización da Armada" e que significa tamén "un compromiso que ten o Goberno con Ferrol, con esta comarca e coa Armada". O proxecto suporá "a modernización dos nosos buques e a creación de postos de traballo", subliñou.

"INTELIXENCIA ARTIFICIAL"

Pola súa banda, o xefe do Estado Maior da Armada, o almirante xeral Teodoro López, asegurou que "é fundamental ter canto antes estas novas fragatas, xa que as F-80, da clase Santa María, que tamén se construíron en Ferrol, xa entraron nunha idade superior aos trinta anos que as fai ir perdendo a súa capacidade militar;  en breve xa non terán o grao de interoperatividade que esixen os aliados na Alianza Atlántica".

Teodoro López tamén destacou a versatilidade das fragatas, ao estimar que "é o buque chave que permite que o resto da Armada funcione, por iso a necesidade de dispor deste tipo de buques, ademais do salto tecnolóxico con respecto ás anteriores, coas que non teñen nada que ver coas predecesoras, incluídas a F-100". Destacou así os sistemas que equiparán de "intelixencia artificial ou realidade aumentada, o que vai facilitar moito o traballo da dotación e un salto na área de apoio loxístico".

MAIORES DE 45 AÑOS

Noutra orde de asuntos, a preguntas dos medios de comunicación, Margarita Robles referiuse á situación daqueles profesionais temporais das Forzas Armadas que ao cumprir os 45 anos teñen que abandonar a súa actividade.

Tras asegurar que tras a súa chegada ao Ministerio de Defensa estudara a posibilidade de paralizar esta norma, Robles manifestou que "non hai dita posibilidade a curto prazo". "O que tratamos é de cumprir o outro compromiso que se asumiu, e que é que esas persoas poidan saír cunha cualificación profesional adecuada", agregou, "e niso estamos a traballar".

A integrante do Goberno de Pedro Sanchez tamén destacou que este colectivo confórmano "persoas que prestaron un servizo por España, importante, e esas persoas cando asinaron o seu compromiso sabían que o facían cuns termos legais e ata os 45 anos".

Por iso,  Robles estimou que non se enganou a ninguén": "Estamos a permitir as saídas e cualificacions profesionais a aquelas persoas que cando asinaron o seu compromiso sabían que aquilo ía terminarse aos 45 ", ao mesmo tempo que destacou que "todo o que afecta ás Forzas Armadas é un tema de Estado e aquí non se poden facer as cousas de xeito partidista, xa que é un ben de todos os españois". "Cando hai algún problema, témolo que afrontar entre todos", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

moitas fragatas pero non hai un peso para Vulcano ?

1 lóstrego

Vigo é unha nación!

2 Gamela

Sí, unha nación de mangantes ! https://www.lavozdegalicia.es/notic...