Padrón tamén terá o Bosque de Rosalía

Alumnos de Padró plantan medio centenar de árbores para crear o Bosque de Rosalía

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Alumnos do CEIP Rosalía de Castro, de Padrón (A Coruña), plantaron este luns 40 carballos e 15 camelios nun terreo situado xunto ao centro que estaba despoblado de árbores para crear o Bosque de Rosalía.

Rosalía
Rosalía

Esta iniciativa naceu por mor da vaga de lumes que afectou a Galicia en outubro de 2017. Os alumnos realizaron o proceso desde o primeiro paso, posto que recolleron as propias sementes dos carballos, coa creación nas aulas dun viveiro que lles deu a oportunidade de aprender sobre o crecemento dos mesmos.

Ao acto acudiu a conselleira de Educación, Carmen Pomar, quen puxo en valor a "conciencia ecolóxica e ambiental tan desenvolvida" de equipo directivo, docentes e alumnos deste centro.

Os camelios foron doados ao colexio pola empresa Expofeira, mentres que a Consellería de Medio Rural e o Concello de Padrón colaboraron con persoal e ferramentas para facilitar a repoboación do monte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta