Luis Villares asegura que non lle preocupan as opinións diverxentes senón o traballo

Logo de que algúns dos seus compañeiros no Parlamento Galego puxesen en dúbida a súa lexitimidade como representante do grupo, Villares reivindicouse como portavoz parlamentario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, sinalou que non lle preocupa" que existan "opinións diverxentes" no Grupo Parlamentario que encabeza. "Preocúpame o traballo", aseverou a preguntas dos xornalistas este luns.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, na rolda de prensa. EN MAREA
O portavoz de En Marea, Luís Villares, na rolda de prensa. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Así se expresou Villares cuestionado sobre o traslado das tensións internas do espazo político ao Pazo do Hórreo, onde dez dos 14 deputados de En Marea están aliñados no sector crítico co portavoz parlamentario e orgánico do partido instrumental.

Nesta liña, e despois de que algúns dos seus compañeiros na Cámara poñan en dúbida a súa lexitimidade para representar ao conxunto do grupo, Luís Villares reivindicou o seu papel como portavoz e, polo tanto, referencia de En Marea no Parlamento de Galicia. "Eu dou conta da actividade política de En Marea e represento a postura de En Marea (na Cámara)", incidiu o maxistrado lucense.

Villares, que evitou referirse á crise aberta en Podemos tras o anuncio efectuado por Íñigo Errejón de que se suma ao proxecto da alcaldesa madrileña, Manuela Carmena; remarcou que o partido instrumental "ten moito futuro" como, ao seu xuízo, representan as iniciativas que presentou este luns no Parlamento, relativas a sanidade e política fiscal.

Así respondía á súa compañeira de grupo Luca Chao (Podemos), que este luns afirmou nunha entrevista na Voz de Galicia, que En Marea "tal e como naceu en Vigo, fracasou, ou máis ben, fixérona fracasar", culpando diso a Villares e os seus afíns.

Así mesmo, Villares reitera que os problemas internos de En Marea "están resoltos" desde as polémicas eleccións internas nas que a súa candidatura recibiu o respaldo dos inscritos, aínda que a lista perdedora, integrada polo sector crítico, continúa sen recoñecer os resultados un mes despois do fin do proceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

exactamente a qué traballo se refire o señor Villares? que eu saiba nin siquera recolleu as cuotas das súas señorías para financiar ao Partido Instrumental En Marea? Se nin siquera pagan o que deben (voluntariamente) como van traballar para a xente? De que estamos a falar? Da ILP sobre Pobreza Enerxética na que pasaron 32 meses dándolle ao pico? Ou falamos da comisión de sanidade "paralela" pois a outra consta en acta e igual non era acaído denunciar aos corruptos con nome e apelidos (non vaia ser que lles metan unha querela criminal? Pero 25 xefes de servizo tiveron máis collóns que toda esta tropa xunta! https://i.gal/gamela03