Temas: ALCOHOL MENORES

A Policía Autonómica identifica a 19 persoas e realiza 112 inspeccións en relación ao consumo de alcol en menores

Axentes levaron a cabo "29 dispositivos de control de menores en risco de desamparo" nos concellos da Coruña, Lugo, Noia, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo e Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

Os axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica realizaron a semana pasada 112 inspeccións en zonas de lecer, locais e centros comerciais e identificaron a 19 persoas en sete concellos galegos, para facer cumprir a Lei de Prevención de Bebidas Alcohólicas en Menores.

Consumo de alcol entre adolescentes
Consumo de alcol entre adolescentes | Fonte: Pixabay.

A Vicepresidencia da Xunta de Galicia informou de que os axentes da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo levaron a cabo "29 dispositivos de control de menores en risco de desamparo" nos concellos da Coruña, Lugo, Noia, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo e Vigo.

O Goberno galego recorda que desde a entrada en vigor da lei, a Policía Autonómica "leva a cabo diversos dispositivos policiais, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade".

Nestes dispositivos, ademais das denuncias en caso de infrinxir a lei, "infórmase os propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o seu cumprimento e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade", conclúe a Xunta.

Temas: ALCOHOL MENORES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta