Piden debatir en Ourense na nova ordenanza "antibotellón"

"Este problema non debe reducirse a unha mera declaración de intencións nin a un paripé mediático para sacar rendibilidade política", critica o PSdeG local.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O Partido Socialista do concello de Ourense pediu á concelleira de Mocidade, Sofía Godoy, a convocatoria "urxente" do grupo de traballo para o estudo, o debate e a tramitación das emendas á nova ordenanza 'antibotellón'.

Botellón
Botellón

Tal como sinalaron os socialistas ourensáns nun comunicado, o pasado 28 de novembro presentaron as súas achegas co fin de mellorar o borrador da ordenanza municipal reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde, derivada do consumo, a venda, a publicidade e/ou a promoción de bebidas alcohólicas en espazos públicos.

Entre outras proposicións, o PSOE pediu unha ampliación do marco legal a ter en conta para a posta en marcha de dita norma, así como "o cumprimento dos compromisos por parte do concello de Ourense de face ao correcto desenvolvemento da ordenanza en materia de educación e prevención".

"O botellón é un problema chave que require sensibilidade política e un plan de acción social e educativo na nosa cidade, que non debe reducirse a unha mera declaración de intencións nin a un paripé mediático para sacar rendibilidade política", apuntou.

Ademais, os socialistas destacaron a súa proposta de redución das contías das sancións, xa que, ao seu xuízo, aínda que son necesarias, "a cantidade establecida anteriormente era bastante esaxerada", xa que ascendían ata case 11.000 euros.

"Pedimos que se teñan en conta todas as achegas que contribúan a mellorar esta normativa, xa que é un proxecto de futuro cuxas basees deben quedar sentadas cun amplo consenso", sentenciou o PSOE de ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta