Alfonso Rueda critica a Fomento por non facer "nada" para ter bonificacións na peaxe da AP-9

O vicepresidente da Xunta tamén sinalou que as autoestradas de titularidade autonómica en Galicia a finais do ano pasado era as máis baratas de España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2019 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recordou que o Goberno galego leva "moito tempo pedindo" ao Ministerio de Fomento que "negocie coa concesionaria" e "consiga bonificacións" que permitan unha rebaixa das peaxes na AP-9. "Pódense facer moitas cousas, o que non se pode facer é non facer nada", censurou.

Alfonso Rueda. EUROPA PRESS - Archivo
Alfonso Rueda. EUROPA PRESS - Archivo

Antes de participar nun acto en Lugo, o vicepresidente da Xunta asegurou que as demandas dos transportistas que esixen descontos nesta vía "teñen toda a lóxica do mundo". "é o seu medio de vida... e nós como administración o estamos pedindo", manifestou. Nesta liña, volveu a reclamar ao ministerio que dirixe José Luís Ábalos que materialice o traspaso da AP-9 "co financiamento suficiente" para "poder ter marxe de manobra e poder negociar esas rebaixas na peaxe".

Así mesmo, aproveitou para destacar que as autoestradas de titularidade da Xunta, polo menos a finais do ano pasado, "eran as máis baratas de España". "E volveremos seguir establecendo rebaixas e bonificacións", apuntou.

Ademais, asegurou que a peaxe da AP-9 "non se pode suprimir" polo que considerou que "quen estea a contar que o traspaso da titularidade da AP-9 suporía que desaparecerían as peaxes estaría a enganar á xente". Con todo, si subliñou que se poden propor melloras e que non sexan tan caros".

"Iso é o que queremos facer, e non está a facer o ministerio de Fomento, sen prexuízo de que algunhas peaxes si que terían que estar suprimidos e poño como exemplo o caso entre Vigo e Redondela. Negociouse que se suprimise e o goberno está a dar longas, é unha mostra máis de que non queren avanzar neste asunto", desvirtuou.

ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO

Na súa comparecencia ante os medios en Lugo, o vicepresidente da Xunta tamén criticou que o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, salga a "defender" o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para Galicia cando o "resto de representantes do partido socialista, e en xeral todo o partido socialista non di ou nada ou di que as contas son indefendibles".

Temos un descenso na porcentaxe de financiamento, con respecto aos últimos orzamentos, enorme", lamentou tras a entrega de material para servizos de Protección Civil a cinco municipios da provincia de Lugo: Quiroga, Negueira de Muñiz, Becerreá, Meira e Cervantes.

Rueda destacou que a Xunta destinou dez millóns de euros, nos últimos catro anos, para as agrupacións de Protección Civil e os grupos de Urxencia Supramunicipal en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta