A Deputación de Pontevedra segue co castelán

Unha sentenza obriga a esta Administración a publicar o BOP en galego. O deputado Gabriel Martínez (BNG), quen gañou esta batalla legal, explica a GC porque Louzán (PP) se salta a obriga de promover o galego malia recibir cartos para a normalización.

Por Antón Fernández | Pontevedra | 24/08/2011 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Dende a súa toma de posesión como deputado provincial polo BNG en 2007, o nacionalista Gabriel Martínez Giraldez traballou pola galeguización desta administración pública. Ao longo destes anos reuniu numerosa documentación que, segundo afirma a Galicia Confidencial, “impón o castelán dun xeito directo e a todos os niveis”.

None

Hai agora un mes fíxose pública unha sentenza que esixía á Deputación de Pontevedra que respectase a normativa lingüística de defensa do galego e pasase a publicar na nosa lingua o seu Boletin Oficial da Provincia (BOP). Foi grazas a varias denuncias de Gabriel Martínez que non deixou de teimar para que se cumprira a lei. Mais a imposición do castelán continúa. Para o ex-deputado as probas son claras. “Hai escritos dirixidos aos concellos para que remitan a documentación en castelán e non en galego”, denuncia. Mesmo comprobamos, sen moita dificultade, como hai todo tipo de publicidade institucional (cartelería, folletos de actos nos que participa a institución provincial, publicacións non periodicas) que prescinde da lingua galega.

A Deputación de Lugo tamén publica o seu boletín en castelán

Outra das irregularidades que denuncia Gabriel Martínez é a non utilización da toponimia oficial no caso de A Coruña. “A Deputación de Pontevedra chegou a recibir 30.014 euros para realizar actividades en materia de normalización lingüística”, informa o nacionalista, “esta grande aportación económica foi posible grazas a un acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). No seu momento solicitei as facturas pero non recibin ningún tipo de información”, asegura.

A Deputación de Pontevedra segue, a dia de hoxe, publicando o BOP en castelán. Outras Deputacións que tamén están a editar o seu boletín en castelán son as de Lugo e A Coruña mentres que a de Ourense é a única que ten o formato en galego e os textos nun sistema bilingüe. O propio Gabriel Martínez non entende o caso da Deputación de Lugo, onde o BNG está no goberno provincial, e solicita tamén que se respecte a normativa lingüística de defensa do galego.

None

A denuncia contra a Deputación de Pontevedra paso a paso

O 12 de xullo de 2010, Gabriel Martínez presentou un escrito na Deputación de Pontevedra solicitando que cesara a vulneración que en materia lingüística levaba a cabo o ente provincial. Remitiase as leis tanto do Estatuto de Autonomía como as da propia Deputación (Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, Lei de Administración Local de Galicia, Lei 5/88 de uso do galego como lingua oficial polas entidades locais ou da propia Ordenanza de normalización lingüística da 
Deputación). Asimesmo solicitaba o nome dos funcionarios responsables desta iregulariedade.

O 29 de xullo de 2010 recibe contestación por parte do secretario da Deputación de Pontevedra no que se desestima a reclamación sinalando a defensa das linguas cooficiais que está na Constitución española. Tamén incorpora parte do Estatuto de Autonomía (na súa versión en castelán) na que reitera a cooficiliadade das dúas linguas.

O 26 de agosto de 2010 Gabriel Martínez presenta un recurso contra o que considera só un “informe” do secretario. Denuncia que a tradución da lexislación galega (neste caso o Estatuto) “é un xeito de reivindicación e interiorización do franquismo lingüístico” e reitera a súa reclamación advertindo, ademáis, “da posible comisión dun delito de prevaricación”.

O 8 de setembro de 2010 a Deputación contesta outra vez negativamente a solicitude do deputado nacionalista sinalando que “os recursos xurídicos do recurso non difiren dos establecidos no seu momento na reclamamación efectuada”.

Sentenza a favor dos argumentos do Deputado

Gabriel Martinez presenta entón un recurso contencioso-administrativo que se resolveu o pasado 15 de xullo de 2011 cunha sentenza na que se esixe á Deputación de Pontevedra “o exacto cumprimento da ordenanza referida coa íntegra publicación en galego do Boletín Oficial da Provincia (BOP), tanto no referido ao formato (...) como aos textos propios da administración provincial”. A institución provincial tivo de prazo quince días no caso de querer presentar recurso de apelación diante do TSXG.

GC facilita este dossier con varios documentos da Deputación só en español (incluído "Concello de La Coruña) e as interprelacións do Deputado (PDF).

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 57 comentarios

12 montaos

O peor é que está en Comic Sans. En Irán supón dous anos de cárcere.

1 Kiko

Como mínimo

11 Español

Yo estoy totalmente de acuerdo con Manoliño, menos mal que aún queda algo de sentido común por aquí. En Galicia sólo se habla gallego en los pueblos, es normal esa gente ha vivido aislada durante muchos años y por eso han conservado sus costumbres, pero es un hecho que la mayoría intenta que sus hijos aprendan el castellano, y cuando alguno de pueblo emigra a la ciudad lo primero que hace es aprender español. A ver si los galleguistos os culturizais de una vez por todas panda de mendrugos y aldeanos

1 CranioF

A ver se te vas tí a cagar. Para utilizar tí o termo "aldeano" tes que lavarte a boca primeiro. Non te diferencias nada dos nacionalistas. Por cierto, los de "pueblo" ya saben español, no tienen que ir a la ciudad para aprenderlo.

2 Manolo2

CranioF: no seas tan inocente, que a los ridiculistas como este se les ve pronto la cara. La gente de pueblo que habla galego de manera natural no tiene nada que ver con la bloqueirada.

3 CranioF

Pois eu non estou tan seguro. Máis abaixo hai un dos bloqueiros que fai unha clara ironía deste tipo (na que varios caíron), pero non lle vexo tanto a ironía a éste outro. Hai paxaros así, como ben sabemos, son poucos, pero incordiantes.

4 Manuel P.

Seica anda Franco marcando diferencias con Hittler.....

5 Manoliño

Para min é un ridiculista claro.

6 Español

Estoy de acuerdo contigo en muchas cosas Manoliño, pero que me llames ridiculista significará unos de mi primer desencuentro contigo. Supongo que entre personas civilizadas eso no supondrá un problema. Nos seguiremos viendo por aquí dándoles caña a los paletos radicales galleguistas. Saludos

7 CranioF

Ten razón nunha cousa, non é un ridiculista, é un RIDÍCULO. Insulta aos aldeanos, trata ao galego de idioma inculto, e inda se chama "civilizado". Saúdos, español, doutro tan español coma tí, e moito mellor español que tí.

8 Compostelanaa

Para min busca provocar de xeito burdo, sabe onde facelo e sabe que alporizaría pero eu non perdería o tempo dándolle moita resposta a quen se debe aburrir diante do pc.

9 Kiko

Totalmente dacordo con Compostelana.

10 Lucense

"La gente de pueblo que habla galego de manera natural...". A ver se este home nos pom exemplos dessa maneira natural, diferenciando-a da artificial, da in-vitro e da contranatural. Vai ser que fijo um "master" nestes temas e nós sem lho reconhecer. E que isso de nom termos uma universidade entre as 200 primeiras do mundo fai-nos perder estes cérebros privilegiados e incompreendidos.

10 CranioF

O de que non se poidan dirixir á Deputación nun dos dous idiomas oficiais é de Xuzgado. Iso de "debe ir redactada en ...(póñase o calquera dos dous)" é un incumprimento claro da lei e un ataque á convivencia lingüística de Galicia. Como o sería igualmente que non poidera ir en castelán. Manoliño, esta vez non concordamos. E no das "duas comunidades, rural e urbana" menos. Eu (como case todos) teño familiares en La Coruña que non pertencen a ningunha "comunidade" por pertenceren ás duas ao mesmo tempo. ¿Que os xóvenes xa optan só polo castelán? Por influencias varias (entre elas, prexuízos). Pero galegofalantes nas grandes cidades sempre os houbo.

9 Compostelanaa

A de Pontevedra e tantas outras porque eu inda recibo no meu traballo moitas comunicacións da de Coruña en castelán, inda que debo dicr que case é preferible porque ogalego empregado moitas veces mete medo.....

8 Faldo

En marzo de 2009, poucos días despois das eleccións autonómicas e antes de ser investido presidente da Xunta, Feijóo anunciou que cando asumise o cargo sería o primeiro defensor do galego. Terá algo que dicir sobre isto?

1 Walton

E que esperabas do austero? non ves que é un fracasadiño?

2 Faldo

Discrepo totalmente. En 2009 tivo éxito na súa tentativa de pousar as súas cachas na poltrona; sen menoscabo, por suposto, da colaboración dos que o precederon, que lle facilitaron as cousas canto puideron á súa hora e agora aínda andan a laiarse polas mentiras e infamias que verteron contra eles o austero e os seus lambecús. Desde entón, impón a súa vontade sen que ninguén lle pare os pés e vén obtendo os parabéns dos que non padecen as consecuencias dos seus actos; hai que recoñecer que iso tamén é un éxito seu. Evidentemente, desde 2009, Galicia é máis pobre, ten máis desempregados e o futuro pinta francamente mal. Pero hai que ter en conta que só fracasa quen non consegue as súas pretensións, e hai alguén tan inxenuo que aínda pense que mellorar as condicións de vida dos galegos é unha meta do malnacido dos Peares e dos deficientes mentais que o rodean? Mentireiro, miserable e ruín si, fracasado non.