A Xunta urxe ao Goberno central un prezo da enerxía para que as industrias galegas compitan "en igualdade"

O Executivo galego di que está a recibir consultas de posibles investidores que se interesan polo prezo enerxético co que van producir.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2019 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, subliñou a necesidade de que o Goberno central fixe un prezo da enerxía para que as industrias galegas "poidan competir en igualdade de condicións".

Concentración en Madrid dos traballadores de Alcoa  para esixir ao Goberno qu. Eduardo Parra - Europa Press
Concentración en Madrid dos traballadores de Alcoa para esixir ao Goberno qu. Eduardo Parra - Europa Press

Respecto diso, apuntou que a Xunta está a recibir consultas de posibles investidores que se interesan polo prezo enerxético co que van producir.

Nunha entrevista na Televisión de Galicia, por outra banda, Conde lamentou que o peche de Meirama é "unha moi mala decisión de Naturgy, que non asume o seu compromiso con Galicia".

En relación coa industria naval, valorou o acordo bilateral entre Banco Santander e a privada Naviera Armas para a finalización da construción dun transbordador no estaleiro Vulcano, aínda que avogou por ser "prudentes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta