Escolares galegos decidirán cal é o mellor filme xuvenil nos Premios da Academia de Cine Europeo

A Coruña será unha das sedes estes galardóns.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/01/2019 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A Coruña será unha das sedes, por primeira vez en Galicia, dos Young Audience Award (Premios do Público Novo) da Academia de Cine Europeo, segundo informou o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, xunto ao concelleiro de Culturas do Concello herculino, José Manuel Sande.

Concelleiro José Manuel Sande e Carlos Ares, Academia Galega Audiovisual. CONCELLO DA CoruÑA
Concelleiro José Manuel Sande e Carlos Ares, Academia Galega Audiovisual. CONCELLO DA CoruÑA | Fonte: Europa Press

Estes explicaron que a cidade será en maio unha das sedes en España duns premios que a Academia de Cine Europeo impulsa desde o ano 2012 para coñecer os tres mellores filmes europeas do ano para un público de entre 12 e 14 anos.

En concreto, Carlos Ares precisou que o 5 de maio un xurado de mozos seleccionados entre o alumnado de colexios e institutos de toda Galicia poderán elixir co seu voto cal é a mellor película europea xuvenil do ano. Isto sucederá simultaneamente en 50 cidades de 35 países.

Na comparecencia, o presidente da Academia Galega do Audiovisual tamén avanzou que esta entidade continuará este ano coas súas actividades como a celebración dos Premios Mestre Mateo o 2 de marzo no Palacio da Ópera ou a 'Semana das Músicas do Audiovisual'.

Tamén promoverá un taller sobre novos programadores do cine galego, mentres proseguirá coas liñas de colaboracións con outras asociacións do sector e impulsando distintos encontros e concertos didácticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta